,

AVISO DE SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADE DEPORTIVA NO EXTERIOR POR MOR DA ALERTA METEOROLÓXICA

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia notificou a suspensión de toda actividade deportiva Federada e Xogade no exterior en todos os concellos afectados pola alerta laranxa por vento deste venres, 24 de xaneiro.

Así, quedan suspendidas todas as actividades deste tipo no Concello de Carral entre as 18:00 e as 21:00 horas de hoxe.

Tamén, a Comision Escolar de Alertas acordou a suspensión de actividades no exterior en todos os centros educativos nestas zonas de aviso, a partir das 18:00 horas de hoxe.