BANDO DO CONCELLO DE CARRAL ATENDENDO Á SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA DA ÁREA SANITARIA DA CORUÑA
O goberno local estivo presente nunha nova reunión telemática co conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia. No encontro, a Xunta pediu a colaboración dos Concellos para seguir traballando de xeito coordinado co fin de frear o avance da COVID-19 na área sanitaria da Coruña.
Desde o Concello ofreceron a súa completa disposición para continuar coa mesma liña de traballo e para reforzar a supervisión do cumprimento destas medidas. Neste sentido, preparouse un bando que recolle as seguintes medidas:
- A utilización da máscara é obrigatoria en todas as circunstancias.
- A poboación susceptible -maiores e persoas con patoloxías previas- debe evitar os sitios concorridos.
- Nos locais de restauración ou nas terrazas o uso da máscara é obrigatorio. Só se pode prescindir dela no momento de estar consumindo.
- É fundamental lavar as mans frecuentemente con auga e xabón ou cunha solución hidroalcohólica.
- É crucial seguir mantendo a distancia de seguridade de 1,5 metros.
- Hai que evitar as aglomeracións e sitios concorridos, así como as reunións con máis de 10 persoas -tanto en lugares públicos como privados-.
- Evitade tocar os ollos, o nariz e a boca. Ao tusir ou esbichar hai que cubrir a boca co cóbado flexionado ou cun pano desbotable.
- En caso de síntomas é preciso quedar na casa e contactar co médico de Atención Primaria.