CAMPAÑA AUTONÓMICA DE PEÓNS NO CONCELLO DE CARRAL
Este domingo 24 de novembro, a partir das 11.30 h, a Policía Local de Carral impartirá unha charla enmarcada dentro da campaña autonómica de seguridade viaria de Peóns de mans da Dirección Xeral de Tráfico.
Nesta charlas trasladaranse normas e consellos que contribuían a mellora da seguridade dos peóns do municipios carralés.
Ao rematar esta charla repartiranse chalecos de alta visibilidade entre os asistentes ata esgotar existencias.
Para máis información pódese chamar á Policía Local de Carral (981.67.00.02) ou ao departamento de Educación (981.61.35.20).