AXENDA DEPORTIVA PARA A FIN DE SEMANA

Aquí vos deixamos as participacións deportivas desta fin de semana:

FÚTBOL:
– Achegamos o cartel dos partidos da Unión Deportiva Carral. Tamén podedes acceder á súa páxina: http://www.udcarral.com/#!news/cjg9.
– Os veteranos de Carral, xogan este sábado ás 17.00 h no campo Borja Rodríguez Ans.

13237791_1744789462428040_4379491577447045367_nMOTOR:
-Trala última vitoria no campionato galego de autocross, Antón Muíños tratará de voltar esta fin de semana ao máis alto do campionato de España no AUTOCROSS CASTELO BRANCO (Portugal).
– Iván Ares pola súa banda participa na Subida Internacional al Fito (Arriondas-Asturias), proba puntuable para campionato de España e de Europa de Montaña. Nesta ocasión, Iván si poderá correr sen ningunha limitación no seu Porsche 997 GT3 Rallye 2010.

JUDO:
– Este sábado a partir das 11.00, os nenos e nenas da escola de Tabeaio teñen o pase de grado no Colegio Rías Altas de Culleredo.

PATINAXE:
– As nenas do Club Patinaxe Alquimia e das ‪#‎escolasmunicipais‬ participan esta fin de semana no Concello de Malpica na competición “2ª Fase de Niveis”, nas que 20 patinadoras de Carral e Cambre amosarán as súas habilidades. A competición desenvolverase entre as 10.00 e a 19.30 horas.

RÍTMICA:
– As nenas do Club de Ximnasia Rítmica de Carral, participan este sábado no II Torneo Ximnasia Oroso.

TIRO OLÍMPICO:
– T13164497_1744796799093973_3906750294749645993_namén este sábado, na galería de tiro da Casa da Cultura, o Club De Tiro Olímpico Carral disputa a 5ª xornada da Copa “Concello de Carral” de Tiro Olímpico.

E por último, aínda que non é deporte, gustaríanos invitarvos a todos/as á 14-15 maio Festa Do Pan De Carral.

¡¡¡¡MOITA SORTE A TODOS OS DEPORTISTAS CARRALESES!!!