CAMPAÑA DE ESQUÍ 2018
Mozos e mozas de Carral poderán acudir á estación invernal de Manzaneda para aprender a esquiar.
O Concello de Carral ven de abrir o prazo de inscrición para a Campaña de Esquí 2018, que terá lugar entre o 2 e o 5 de febreiro e no que polo menos 4 mozos/ as carraleses, (nados entre os anos 2003 e 2007), poderán acudir á estación invernal de Manzaneda para aprender a esquiar e gozar da neve. A viaxe está incluída na Campaña de Esquí 2018 que organiza a Deputación da Coruña, na que nenos/ as da provincia achéganse e coñecen o deporte do esquí durante 4 días.
O prezo da viaxe total da viaxe é de 85 €, que inclúen o transporte, estadía e manutención, clases de esquí, monitores, seguros, aluguer do material, forfait, etc.
O prazo de inscrición nas dependencias municipais remata o vindeiro 16 de xaneiro ás 14.00 h, e de superarse as 4 prazas que a Deputación adxudicou ao municipio carralés, realizarase un sorteo público que tería lugar o próximo 17 de xaneiro, ás 9.30 h no salón de plenos do Concello.
Para todos aqueles interesados, poden informarse na Casa da Cultura de Carral, no 981.67.25.80 ou en deportes@carral.es.