CAMPAÑA EU QUEDO NA CASA
📣📣👨👩👧👦👩👩👧👦👨👨👧👦👨👧👦👩👧👦Dende a Concelleria de Educación queremos facervos propostas para levar mellor estes días . Sempre co obxectivo de manter a vosa mente activa, fomentar a reflexión, a empatía(saber poñerse no que sinten os outros) e a resiliencia (agora que xa sabemos o que significa esta palabra tan “presente” na psicoloxía e á súa vez tan importante nas nosas vidas).
Xa que nos anuncian outros 15 días de confinamento💪💪..que estes días sexan entretidos e fomentemos quedar na casa que é o máis importante para superar esta situación.
➡️Propoñemos unha campaña #EUQUEDONACASA.
@s nen@s e moz@s, incluso conxunto de familias, empadroados en Carral que envien ao correo electrónico educacion@carral.es fotos con debuxos, frases ou ambos, facendo énfase a que hai que quedar na casa #euquedonacasa.
Os que o enviedes publicarémolos na páxina de facebook Educación Igualdade e Traballo, paxina oficial do concello de carral. Sería moi bonito (se queredes por suposto) que foran fotos do traballo realizado co nen@ ou coa familia se non tedes impedimento en que se publique a vosa foto na red social ou no panel informativo que temos na rúa.
Animádevos será moi divertido vernos a todos unidos por esta causa Carral queda na casa!!
![La imagen puede contener: texto](https://scontent.fmad8-1.fna.fbcdn.net/v/t1.0-9/p720x720/90653063_2552527091680956_6502586619357298688_o.jpg?_nc_cat=109&_nc_sid=8024bb&_nc_ohc=tPYbb6odzz4AX_ChAG1&_nc_ht=scontent.fmad8-1.fna&_nc_tp=6&oh=56c2e80f53c36825b359666738d826fe&oe=5EA19435)