CÁNDIDO PAZÓ ABRE OS VENRES DE MONÓLOGO DE CARRAL

Como cho contoA Concellería de Cultura do Concello de Carral comeza este venres co cuarto ciclo Venres de Monólogo, que se levará a cabo no edificio social Toñito Espiñeira.

O primeiro espectáculo corre a cargo de Cándido Pazó co seu monólogo “Como cho conto”, unha sesión de contos na que se van enfiando historias, anécdotas e lerias de creación propia, as veces baseadas na tradición oral, ou ben na literatura axeitada á oralidade.

Nos venres seguintes pasarán polo escenario Celso Fernández Sanmartín, Lois Pérez e Ángela Triana.

Todas as sesións comezarán ás 21:00 h. A entrada é de balde ata completar o aforo. Prégase puntualidade.

Cartel venres de monólogo 2017.