CARRAL ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A CAMPAÑA DE ESQUÍ 2017

A viaxe será organizado pola Deputación da Coruña para nenos de toda a provincia. 

Cartel Neve 2017Entre o 26 e o 31 de marzo, polo menos 4 mozos/as carraleses, nacidos entre os anos 2002 e 2006, poderán acudir á estación invernal de Leitariegos para gozar da neve e aprender a esquiar. A viaxe está incluído na Campaña de Esquí 2017 da Deputación da Coruña, na que nenos/as da provincia achéganse e coñecen o deporte do esquí durante unha semana.

O prezo da viaxe total da viaxe é de 95 €, que inclúen o transporte, estadía e manutención, clases de esquí, monitores, seguros, aluguer do material, forfait, etc. Con todo o Concello de Carral bonificará unha parte da inscrición aos nenos/as carraleses, quedándolles a cota final en 50 €.

O prazo de inscrición nas dependencias municipais termina o próximo 23 de xaneiro ás 14.00 h, e de superarse as 4 prazas que a Deputación adxudicou ao municipio de Carral, realizarase un sorteo público que tería lugar o próximo 25 de xaneiro, ás 9.30 h no salón de plenos do Concello.

Para todos aqueles interesados, poden informarse na Casa da Cultura de Carral, no 981.67.25.80 ou en deportes@carral.es.