CARRAL ABRE O PRAZO PARA ANOTARSE NOS CURSOS DE NATACIÓN DO MES DE XULLO

O verán pasado, máis de 160 nenos e nenas participaron nestes cursos entre xullo e agosto.

Curso Natación Xullo 2018Un ano máis, con motivo da apertura das piscinas de verán, o concello de Carral convoca os cursos de natación para o mes de xullo para nenos e nenas de entre 3 e 15 anos.  As datas previstas para estes cursos serán desde o 2 ao 31 de xullo.

Os alumnos distribuiranse en grupos segundo as idades, e dentro de cada grupo estableceranse os niveis de iniciación e de perfeccionamento. Impartiranse en horario de mañá, entre as 11.00 e as 14.00  h segundo os grupos, gardando sempre a premisa de que os maiores acudirán nas primeiras horas da mañá e os máis pequeniños ás últimas horas. As clases serán impartidas por monitores especialistas, e terán unha duración de 45 minutos por sesión de luns a venres, sempre coa presenza dun socorrista. O prezo do curso será de 28 €/alumno todo o mes.

O prazo de inscrición nestes cursos vai desde o sábado 16 ao 28 de xuño. Para todos aqueles interesados poderán informarse ou inscribirse no Centro Deportivo de Carral, ( tlfo. 981.67.25.80), ou en deportes@carral.es.