CARRAL ACOLLE A III EDICIÓN DO CAMPIONATO PROVINCIAL A CORUÑA DE DOMA CLÁSICA

Ao redor de 60 xinetes chegados de toda Galicia competirán o sábado en San Vicente de Vigo.

III CAMPEONATO PROVINCIAL DE A CORUÑA, DOMA CLÁSICAO sábado 14 de xullo, as instalacións do Centro Ecuestre Finca Abrigosa (San Vicente de Vigo) acollerán a 3ª edición do Campionato Provincial de  Doma Clásica da Coruña. Esta competición cabalar, organizada polo club Ecuestre Finca Abrigosa, foi convocada pola Federación Hípica Galega e conta coa colaboración do Concello de Carral.

Serán ao redor de 60 os binomios (conxunto de cabalo e xinete ou amazona) que compitan o sábado en terras  carralesas, chegados de diferentes puntos da xeografía galega como  Silleda, Lalín, Coruña, Xinzo, etc.

Esta competición deportiva iniciarase a partir das 11.00  h coas probas de cabalos novos. Xa a partir das 16.00  h comezarán as probas de niveis, desde o I ao V.

Este evento hípico atópase dentro do calendario deportivo federativo, e será a última oportunidade para que os cabalos novos e os xinetes e  amazonas poidan obter a clasificación para a Final do Campionato Galego de  Doma Clásica que terá lugar os próximos días 28 e 29 de xullo nas instalacións do Club Hípico Cemar en Mondariz, Pontevedra.