CARRAL ACOLLEU A XVII EXHIBICIÓN DE PATINAXE

A Concellería de Deportes contou coa participación de 9 clubs/escolas e un total de 205 patinadores.

O pavillón municipal de Carral acolleu o sábado 9, unha nova edición da Exhibición Municipal de

SONY DSC

Club Alquimia

Patinaxe Artística organizada polo concello de Carral e o club de patinaxe Alquimia. Comezou ás 17.00 h e rematou sobre as 18.45 h., momento no que todos os participantes recibiron un agasallo conmemorativo do evento.

Nesta cita deportiva, puidemos contar coa presenza de 9 clubs de patinaxe, colexios e escolas deportivas municipais de diversos puntos da xeografía galega – o club Anca (Lugo), o club Raiola (Ferrol), o CEIP Emilio González López de Brexo Lema (Cambre), o club de patinaxe Costa da Morte, club Velúa (Malpica), Mesón do Vento (Ordes)o club A. Cambre, Club Alquimia Carral e a Escola Deportiva Municipal de Carral-.  En total reuníronse 205 patinadores de idades comprendidas entre os 4 e 17 anos e moitos máis acompañantes (ao redor de 450 espectadores). As patinadoras amosaron as súas habilidades sobre as oito rodas o longo das 18 actuacións das que constou o certame. En primeiro lugar foron as máis pequenas as que nos amosaron as súas aprendizaxes nestes primeiros meses de adestramento. Tomáronlles o relevo as patinadoras infantís e por último mostraron as súas destrezas as “veteranas” da especialidade.

 

SONY DSC

Escola deportiva municipal. Carral

Tamén temos destacar e agradecer, por parte do C.P. Alquimia de Carral, a presenza do grupo de danza de 1ª categoría, grupo que estivo pelexando polo campionato de España en datas recentes. Do mesmo club, tamén puidemos gozar do grupo show xuvenil (que acadaron un posto destacado no campionato galego e unha 4ª posición no Trofeo internacional Latina) e o grupo show dos pequenos (9º no campionato de España). Estes deportistas de talla nacional amosaron unha pequena parte da súa mestría no deporte do patín para motivar e alentar aos novos patinadores con actuacións que, ao mesmo tempo, entusiasmaron ao público asistente.

Ao rematar as actuacións o edil responsable da área deportiva municipal, Rubén Regueira, fixo entrega dunhas medallas conmemorativas a todos os participantes e, ás adestradoras convidadas, duns ramos de flores como agradecemento ao enorme esforzo mostrado na preparación destes grupos.

Doutra banda, a concellería de deportes, está a ultimar os preparativos para a realización dos seguintes eventos deportivos; o II torneo de ximnasia rítmica de Carral e o certame anual da modalidade, que terán lugar o próximo 30 de abril ao longo de todo o día tamén no pavillón do Espiño e na que se agarda contar coa presenza de ao redor de 170 nenas.

Fotos

Fotos