CARRAL CELEBRA A SÚA XXI EXHIBICIÓN DE PATINAXE ARTÍSTICA
O pavillón do Espiño acollerá o sábado 10 de xuño, unha nova edición da Exhibición Municipal de Patinaxe Artística. Este acto, que está organizado polo Concello de Carral e o Club de Patinaxe Alquimia, comezará ás 17.30 h e terminará ao redor das 19.00 h.
Nesta clásica cita da patinaxe da comarca, está prevista a presenza de 7 clubs, colexios e escolas deportivas municipais que reunirán a uns 150 patinadores de todas as idades. Ao termo do certame, o alcalde Javier Gestal, fará entrega a todos os participantes dun agasallo conmemorativo.
Esta actividade, que pecha a programación deportiva de primavera, dá continuidade ao obxectivo de promoción e fomento do deporte que o Concello de Carral está a desenvolver durante este ano 2023. Con este tipo de programas, o goberno municipal pretende potenciar a práctica deportiva no termo carralés, e en especial entre un sector da poboación tan importante e sensible como é o infantil.
Para máis información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981.672.580 ou no mail deportes@carral.es.