CARRAL ULTIMA A 7ª EDICIÓN DO MARATÓN DE FÚTBOL SALA DE NADAL

Esta clásica competición futbolística terá lugar o día 26 de decembro ao longo de todo o día.

Sin título-1Continuando coa programación deportiva municipal de Nadal, o sábado 26 de decembro o club Cauca organiza o “VII Maratón de Nadal de Fútbol sala” coa colaboración do Concello de Carral. Esta competición ten como obxectivo fomentar a práctica deportiva en todos os ámbitos da sociedade. Nel poden inscribirse equipos de todas as idades e sexos.

O 23 de decembro terá lugar o sorteo dos equipos que determinará a fase de liguiña do campionato, que se disputará ao longo de toda a mañá e primeiras horas da tarde. Delas, os mellores equipos clasificaranse para as semifinais e despois para o 3/4 posto e FINAL que se disputarán entre as 17.00 e as 22.00 h. Unha vez terminada a xornada, entregaranse premios aos tres mellores equipos do torneo, ao xogador pichichi e ao Zamora. Xunto con estes trofeos entregaranse os premios achegados polos colaboradores do torneo.

O prazo de inscrición termina o martes 22 ás 20.00 h., e todos aqueles interesados poderán inscribirse ou solicitar máis información en casa da Cultura do Concello de Carral (tfno. 981.672.580 ou a través do mail deportes@carral.es) .