Fanse públicas as listaxes de admitidos e reservas para a primeira semana dos campamentos deportivos municipais (3ª Semana: 11 ao 15 de xullo) Read more
Fanse públicas as listaxes de admitidos e reservas para a primeira semana dos campamentos deportivos municipais (2ª Semana: 4 ao 8 de xullo)
O Concello de Carral prepárase para un verán cheo de actividades culturais, deportivas e xuvenís para todos os públicos. A oferta conta con preto de 30 propostas que se levarán a cabo ao longo dos meses de xuño, xullo e agosto. O edil das áreas de Cultura, Deportes e Xuventude, Francisco Bello, sinala que o obxectivo do programa “é seguir apostando pola promoción da cultura e o deporte, ofrecendo alternativas de lecer para todos os públicos”.
O deporte terá un gran peso dentro do calendario estival da man das seguintes iniciativas: os campus de fútbol e balonmán da U.D. Carral (do 27 de xuño ao 1 de xullo e do 4 ao 8 de xullo, respectivamente), do XVIII Torneo de Tiro Olímpico (9 de xullo e 13 de agosto), do Torneo de Pádel x Parellas (do 11 de xullo ao 24 de setembro), do campus de ximnasia rítmica (do 27 de xuño ao 1 de xullo), dos cursos de natación, do Torneo de Fútbol Sala 4×4 (13 e 14 de xullo), dos cursos de ioga (do 8 de agosto ao 2 de setembro), da celebración da I Copa Galicia XCM Carral V Ruta BTT Carral (21 de agosto), da ruta a cabalo do 20 de agosto e do X Torneo de Xadrez de Verán (27 de agosto).
A través da OMIX, está prevista a realización de varias excursión: a primeira, ao Aquapark de Cerceda (29 de junio), a segunda ao Galipark (20 de xullo) e unha última ao Mar-Eando (9-10 e 11 de agosto).
A programación de verán suporá tamén a volta do programa “Culturúa”, con proxeccións de filmes ao aire libre, espectáculos na rúa e música. A iniciativa arrincará o 15 de xullo, ás 18.00 horas, no Campo da Feira co espectáculo ‘Só’ e continuará o 22 de xullo coa proxección de Cuñados (Campo da Feira, ás 22.30 horas). O 30 de agosto (Campo da Feira, 18.00 horas) será a quenda do espectáculo Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo e o día 1 (Campo da Feira, ás 22.00 horas) levarase a cabo a proxección de A Galiña Turuleca. As dúas últimas accións chegarán da man do ciclo de Músicas Íntimas, con concertos a cargo de O Camaleón musical-Volando libre (3 de setembro, ás 22.00 horas) e de Iria Mejuto, do grupo Black (4 de setembro, ás 22.00 horas). En ambos casos, as actuacións musicais serán na piscina municipal de Carral.
Actividades de conciliación
Ao longo de toda a época estival levaranse a cabo tamén os campamentos urbanos de verán en diferentes quendas: primeiro irán os campamentos deportivos (27 de xuño ao 15 de xullo), a continuación os English sport camp (18 de xullo ao 5 de agosto) e, por último, os campamentos sobre Medio Ambiente (do 8 de agosto ao 2 de setembro).
Festa do Verán en Familia
A II Festa do Verán en Familia forma parte tamén do calendario de verán. Será o 9 de xullo na área recreativa da Brexa e, ao longo do día, haberá xogos e inchables para os nenos e nenas, xantar e actuacións musicais. A inscrición pode realizarse ata o 6 de xullo no teléfono 674 793 475.
O prazo de inscrición nestes cursiños estará aberto ata o 30 de xuño ou ata completar as prazas Read more
Fanse públicas as listaxes de admitidos e reservas para a primeira semana dos campamentos deportivos municipais (1ª Semana: 27 de xuño ao 1 de xullo)
Ao longo do verán pasado, as piscinas de municipais contaron con máis de 150 abonados e ao redor de 2.800 bañistas. Read more
- Non se permite a realización de fogueiras en espazos públicos que non estean habilitados.
- Para a realización de fogueiras en espazos privados así como grelladas en locais de hostalaría deberase presentar unha comunicación previa ao Concello de Carral presencialmente ou a través do correo electrónico maria.couto@carral.es ou cubrindo o furmulario a disposición na páxina web.
- A comunicación será válida exclusivamente para a realización de fogueiras na noite do 23 ao 24 de xuño e non exime da responsabilidade por por neglixencias ou incumprimento da lexislación vixente de aplicación.
Coincidindo co 25 aniversario do Premio de Poesía, a Casa da Cultura de Carral acollerá mañá, xoves 9 de xuño, a xornada ‘Os certames de poesía como motores dunha literatura propia’. A proposta, organizada pola Deputación da Coruña e en colaboración co Concello, está englobada dentro do ciclo provincial ‘A Cultura é un Dereito’. A actividade contará coa presenza do alcalde, Javier Gestal, do deputado de Cultura, Xurxo Couto, e do concelleiro de Cultura de Carral, Francisco Bello. Con esta accción búscase reunir a editores e editoras, entidades convocantes de certames e autores/as gañadores de diversos premios e poesía de Galicia.
O programa da xornada comezará arredor das 10.30 horas coa inauguración e coa presentación do estudo ‘Os certames de poesía en Galicia: unha análise das convocatorias actuais’, a cargo do técnico de Cultura de Carral e presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Carlos Lorenzo. Tanto ás 11.30 como ás 13.00 horas, está prevista a celebración de dúas mesas redondas. A primeira será sobre editoriais (‘A edición de poesía premiada’) e a segunda sobre autores e autoras galardoados (‘Chámome poeta e preséntome a concursos’).
A quenda de tarde comezará coa presentación dos Premios de Poesía do Concello de Carral e o Miguel González Garcés da Deputación da Coruña (ás 16.00 horas), e continuará coa conferencia ’25 anos da poesía galega’ a cargo de Yolanda Castaño (16.30 horas). A xornada rematará coa mesa redonda sobre ‘O futuro dos premios de poesía’ (17.15 horas).
Tras a clausura, terá lugar o concerto ‘Treides comigo!’ de Xoán Curiel na piscina municipal de Carral.
O Concello iniciou, esta semana, as obras para concluír as beirarrúas inacabadas na rúa Souto de Castiñeiros. O alcalde, Javier Gestal, sinala a “importancia” destas actuacións, coas que se “reforzará a seguridade viaria nesta rúa, pola que pasan, a diario, os alumnos e alumnas do IES de Carral”.
Con estas intervencións, o equipo de goberno finiquitará o proxecto iniciado polo anterior goberno local e que quedara inconcluso.
Para terminar estes traballos, o rexedor negociou coas persoas propietarias dos terreos, que concederon o permiso necesario para construír estas sendas. A execución destes traballos terá un custo duns 30.000 euros procedentes das arcas municipais.
O prazo de inscrición estará aberto dende o 1 ao 20 de xuño, ambos incluídos.
Read more