Descarga a autorización aquí

Os títulos da parcelaria de San Vicente de Vigo entregaranse os días 22 e 23 de setembro aos propietarios, poñendo así fin a un proceso pendente desde fai anos. O alcalde, Javier Gestal, explica que este procedemento foi “unha das prioridades do goberno local desde o inicio do mandato, e que se intentou axilizar mediante a reunión cos organismos con competencia no asunto”. Este proceso supoñerá a entrega de 1.181 parcelas no caso de Carral.

A entrega realizarase no pavillón O Espiño os días 22 e 23 entre as 10.00 e as 14.00 horas. O primeiro día, 22 de septiembre, daranse os títulos de Abrigosa, Parapar e Agrela de San Vicente entre as 10.00 e las 12.00 horas, e os de A Igrexa de San Vicente, Ameás e Valiños entre as 12.00 e as 14.00 horas. Ao día seguinte, o 23 de setembro, será o turno de A Ramalleira, Balbén, As Táboas e A Ludiña (entre as 10.00 e as 12.00 horas) e de Tamaruño, Río Brexo e Río Barcés (de 12.00 a 14.00 horas).

As persoas que no poidan acudir á entrega de títulos poderán delegar a recollida noutra persoa. Neste caso, deberán levar cuberta a correspondente autorización, dispoñible na páxina web do Concello. Aqueles títulos que non se retiren estarán a disposición dos interesados no Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial do Medio Rural.

Co título de Un conto ao revés, Chuches Amil estará no Local Xente Nova ofrecendo un concerto para os máis pequenos da familia. Será ás 18:00 h.

Será un espectáculo de música lixeira e cantareira que axita os pes e os corpos dos cativos, e sorprenden a máis dun pai e dunha nai chimpando ritmicamente e bailando arredor da súa prole. Fran Amil instrumentaliza este concerto con voz e guitarra acústica en directo e con bases pregravadas.

Para asistir é necesario que os rapaces estean acompañados de adultos da súa familia e anotarse previamente chamando á Casa da Cultura ao 981 672 580. O aforo é limitado.

Esta é unha proposta musical organizada polo Concello de Carral incluída en Cultura no Camiño que promove a Xunta de Galicia.

O Concello acaba de abrir o prazo de inscrición para as Escolas Municipais 2021/2022, cunha trintena de actividades de educación, cultura e deporte para veciños e veciñas de todas as idades. Tal e como sinalan desde o goberno local, todas as propostas do programa levaranse a cabo atendendo a un estrito protocolo de seguridade para reducir un risco de contaxio pola covid-19.

Como parte das iniciativas escolares faranse as seguintes propostas: atletismo, patinaxe, tiro con arco, pádel, cursos deportivos, ximnasia rítmica, judo, baloncesto, fútbol sala, equitación e tiro olímpico. Pola súa banda, as persoas adultas poderán elixir entre zumba, ioga e jumping fitness. No apartado de cultura organizarase a actividade de teares e tapices e obradoiros culturais e no de servizos sociais obradoiros de memoria e ximnasia de mantemento para a 3ª idade -por parroquias-. Por último, a oferta educativa contará con debuxo e pintura, informática, baile moderno, robótica, aprender a aprender, ciencia divertida, cociña divertida, percusión musical e corporal infantil, curso de Preparación de competencias clave e fun english.

As persoas interesadas poderán solicitar praza enchendo a solicitude de inscrición e presentándoa, preferiblemente, de xeito telemático a través do correo electrónico casadacultura@carral.es ou da sede electrónica. Así mesmo, poderán entregala na Casa da Cultura ou no Complexo Deportivo. O prazo para anotarse estará aberto ata o 27 de setembro ou ata que se esgoten as prazas dispoñibles. 

Protocolo covid-19

Todas estas iniciativas realizaranse atendendo ás normativas covid-19 para reducir o risco de contaxio. Así, o número máximo de participantes por actividade será de dez máis o monitor ou monitora. O emprego da máscara e a desinfección de mans serán obrigatorias en cada sesión. 


O departamento de Deportes de Carral organizou esta competición deportiva, que vén desenvolvendo nas pistas municipais de pádel desde mediados de xullo, co obxectivo de fomentar a práctica deportiva e o lecer saudable entre a poboación carralesa.

Este torneo de carácter amigable reuniu a un total de 42 xogadores agrupados en 21 parellas, que se distribuíron en 4 grupos para a disputa dunha liguiña na que se enfrontaron todos contra todos. De cada grupo, clasificáronse os 4 mellores, conformando así as fases finais, que veñen disputando desde o luns 23 de agosto.

A final do torneo disputouse este mércores desde as 19.00 h, e confrontou á parella formada por Marcos Mosquera e Adrián Varela (parella revelación do torneo, que contaban todos os seus partidos por vitorias e 1 único set cedido ao longo deste torneo estival) contra a formada por Carlos Lamas e Sergio Cao (favoritos do torneo, gañando todos os seus encontros e sen ceder ningún set). Despois de case unha hora e media dun rifado encontro, o marcador decantouse finalmente ao lado de Carlos e Sergio cun resultado de 3/6, 6/1 e 3/6, converténdose así nos campións do torneo.

Ao terminar o encontro o alcalde, Javier Gestal, agradeceu a gran acollida e participación que tivo este torneo estival, e fixo entrega dos trofeos ás dúas parellas finalistas.

SONY DSC

O programa municipal CultuRúa entra na súa recta final con humor, música, cine e folclore.

O martes volve Pedro Brandariz á Piscina municipal con Contos e outras andrómenas. Será unha actuación para usuarios da piscina que comezará ás 18 h.

O xoves, no Campo da Feira ás 18 h, Xabi Longueirón ofrecerá o seu concerto infantil As cancións creadas na casa da miña avoa. O cine volve o sábado co éxito español dirixido por Alejandro Amenábar Mientras dure la guerra. Será no Campo da Feira ás 22 h.

A primeira edición de CultuRúa remata o domingo na feira coa actuación de Xacarandaina ás 12 h. Esta é unha actuación incluída en Danza 3 · Xacobeo 21-22.

CultuRúa naceu este ano para ofrecer no verán unha programación que se desenvolvera en espazos abertos e públicos.

Carral continúa cos seus cursos de natación, que se están levando a cabo na piscina municipal. O Concello deu onte o pistoletazo de saída aos cursillos do mes de agosto, nos que están a participar 22 rapaces de entre 3 e 15 anos.

Trátase dunha das propostas deportivas e de lecer que o Concello ofrece, ano tras ano, e que forma parte xa da axenda estival do municipio.

Os usuarios e usuarias inscritos están divididos en tres grupos. As sesións lévanse a cabo de luns a venres (entre as 11.45 e as 14.00 horas), e cada clase ten unha duración de 45 minutos.

Unha vez rematado o prazo de inscrición
no CAMPAMENTO DE MEDIO AMBIENTE E RECICLAXE,
que se celebrará entre o 9 de agosto e o 3 de setembro, publícanse a listaxe das solicitudes admitidas:

Unha vez rematado o prazo de inscrición
nos CURSOS DE NATACIÓN DO MES DE AGOSTO, que
se impartirán entre o 2 e o 31 dese mes, publícase a LISTAXE das solicitudes admitidas

Publícase a acta do tribunal de selección de persoal coa proposta ao Sr. alcalde do aspirante con maior puntuación para cubrir o posto de operario de limpeza de montes e tarefas de silvicultura ao amparo da subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o fomento do emprego no medio rural ( Aprol rural 2021).

Dada a urxencia da contratación outórgaselles a todos os interesados un prazo dun día (29 de xullo de 2021) para reclamacións ou alegacións segundo o establecido no punto sétimo das bases que rexen esta contratación.