Por decreto de alcaldía de 124/2021 do 31 de marzo 2021 resólvese correccións de erros do decreto 123/2021 aprobar a listaxe definitiva de admitidos e excluídos dos candidatos presentados no procedemento de selección para a contratación laboral temporal dunha traballador/a social para o departamento de Servizos Sociais do Concello de Carral a xornada completa na modalidade contractual de interinidade ata a incorporación da titular, así como nomear aos membros do tribunal e fixar o día e a hora dá entrevista profesional. Co fin de dar cumprimento ao establecido no punto noveno das bases que rexen a contratación, publícase o presente anuncio.

Co fin de dar cumprimento ao establecido no punto noveno das bases que rexen a contratación, publícase o presente anuncio.

DECRETO: Admitidos excluídos definitivos, tribunal, entrevista selección traballador/a social (premer para ver decreto)

Quince persoas, vinculadas na súa meirande parte a asociacións e colectivos de Carral, participaron neste último mes no obradoiro en liña “Construímos un relato”, dentro do proxecto Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital, impulsados dende BenCuriosa co apoio da Deputación da Coruña, a través do seu programa de proxectos singulares de especial interese cultural, e a colaboración do Concello.

O taller serviu para tecer sinerxías entre as persoas e entidades participantes. Desas pequenas redes de colaboración xurdiron varios proxectos vinculados ao territorio, sobre os que se desenvolveron propostas de comunicación relacionadas con diferentes narrativas dixitais.

Neste sentido, Carral contouse dende a perspectiva medioambiental (cunhas posibles xornadas centradas no uso do glifosato, da man das asociacións Brexa e Lacrar, xunto con varios colaboradores), dende a fotografía e a historia (a próxima edición do concurso fotográfico Manuel Ferrol) e dende a musical (os corenta anos da coral polifónica Aires de Carral), a través de ferramentas dixitais relacionadas co audiovisual, a participación a través das redes sociais, as narrativas transmedia ou a creación de mapas colaborativos.

O obradoiro, que vén de pechar as súas portas virtuais, foi impartido por Bencuriosa, co apoio do creador audiovisual Antón Varela e a especialista en patrimonio e dinámicas participativas María Masaguer.

Os Laboratorios

En total, case noventa persoas vinculadas a trinta e cinco asociacións de Neda, Narón, Cedeira, Valdoviño, Muros, Vimianzo e Carral participaron nos Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital,

a través de varios obradoiros en liña, facilitados por diferentes axentes creativos:

  • Narrativas dixitais, en Neda e Narón da man de Gingko
  • Creación audiovisual, facilitado para Vimianzo polo colectivo Merenda Creativa
  • Construción dun relato, impartido en Muros, Carral, Cedeira e Valdoviño por BenCuriosa, coa participación do creador audiovisual Antón Varela e a experta en procesos participativos María Masaguer
  • Contrapublicidade, aberto aos sete concellos, coa produtora creativa Illa Bufarda

Sobre que se traballa nos obradoiros?

Nestes obradoiros as participantes desenvolven un proceso de aprendizaxe colaborativa que se aplica, con ferramentas dixitais e a axuda dos profesionais implicados, a un proxecto en equipo  relacionado co lugar no que viven. Neste proceso, que afronta xa a súa recta final, tecéronse redes de colaboración entre persoas ás que os Laboratorios lles facilitaron un espazo virtual de encontro e de posta en común.

Así, varios grupos -formados por xente con distintos intereses, idades e destrezas dixitais- están a traballar sobre o seu territorio dende a igualdade, a memoria colectiva, a sostibilidade, o patrimonio, a interculturalidade ou a conexión entre distintas xeracións.

Nos Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital, máis que o resultado final de cada proxecto, o que importa é o proceso, que, neste caso, tradúcese nunha veciñanza diversa e participativa descubrindo como contarse a si mesma a través dos recursos que lle ofrece a contorna dixital.

Publícase o anuncio relativo ao acordo alcanzado polo tribunal designado no procedemento de selección para a contratación de cinco oficiais de segunda ( 4 albaneis e 1 electricista), coa proposta das persoas para contratar tendo en conta que presentou alegacións un dos candidatos nos días hábiles establecidos para o efecto.

VER ANUNCIO


O goberno local levará ao pleno ordinario do xoves, 25 de marzo, a iniciación do expediente de cesión gratuíta do centro de saúde de Carral ao Servizo Galego de Saúde. De aprobarse esta medida, o Sergas asumiría calquera obra ou traballo que houbese que executar na instalación para adaptala ás novas necesidades xurdidas por mor da pandemia. A maiores, conseguiríase un aforro considerable para as arcas municipais.

Se a corporación dá luz verde á iniciativa, iniciarase o expediente de desafectación transitoria do edificio do centro de saúde, así como da parcela na que se atopa, someténdoo a exposición no BOP durante o prazo dun mes. O Concello arrincará, ademais, o expediente de transmisión da construción e do terreo ao Sergas abrindo, así mesmo, o prazo de información pública.

O Concello comprométese a asumir os custos de elevación en escritura pública da cesión gratuíta do centro de saúde, así como da súa inscrición no rexistro da propiedade. A Administración Local regulará nas ordenanzas fiscais a exención a favor dos centros sanitarios de titularidade do Sergas do pago do imposto sobre bens inmobles. Por último, o Concello deberá aprobar a ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras para recoller unha bonificación do 95% por tratarse dunha instalación declarada de especial interese ou utilidade municipal.

Convócanse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2021.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela (niveis Celga 1, 2, 3 e 4) e Ponferrada (Celga 2, 3 e 4).

As persoas que desexen inscribirse deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que poden obter na sede electrónica da Xunta de Galicia. As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística. O prazo de presentación de solicitudes vai do 18 de marzo ao 12 de abril de 2021.

Máis información

A Biblioteca Municipal leva a cabo este xoves a sesión mensual de contacontos teatral de animación á lectura. Trinketrinke Teatro, compañía encargada destas actividades, presenta nesta ocasión Os ratiños da caixa.

A sesión, dirixida a nenas e nenos de 4 a 8 anos, comezará ás 18:00 h. e é necesario reservar convites chamando ao 981 672 580. As localidades son limitadas atendendo ás medidas de protección contra o Covid19.

Publícase a acta do tribunal de selección de persoal coa proposta ao Sr. alcalde dos aspirantes con maior puntuación para cubrir os postos de catro albaneis e un electricista (oficiais de segunda). Outórgaselles a todos os interesados un prazo de dous días hábiles (22 e 23 de marzo) para reclamacións ou alegacións segundo o establecido no punto sétima das bases que rexen esta contratación.

Ver a acta

Por decreto da alcaldía do 15 de marzo de 2021 resolveuse aprobar a listaxe definitiva de admitidos e excluídos dos candidatos presentados no procedemento de selección para a contratación laboral temporal de catro albaneis e un electricista (oficiais de segunda), a xornada parcial, cunha duración (inmediatamente posterior á finalización do proceso de selección) ata o 31 de decembro de 2021,ao abeiro do programa PEL-Concellos 2021, así como nomear aos membros do tribunal e fixar o día e a hora da entrevista profesional.
Co fin de dar cumprimento ao establecido no punto sétimo das bases que rexen a contratación publícase o presente anuncio.

VER DECRETO: Admitidos excluídos definitivos, tribunal, entrevista selección 5 oficiais PEL REACTIVA 2021

Por decreto da alcaldía nº 101/2021, do 10 de marzo, resolveuse aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos dos candidatos/as presentados para a contratación de cinco traballadores/as (4 albaneis e 1 electricista) para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais subvencionada pola Deputación da Coruña, “Programa de Integración Laboral” dos Concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes 2021 ,a xornada parcial, modalidade contractual de obra e servizo.
Outórgaselles aos interesados un prazo de DOUS DÍAS HÁBILES (xoves 11 e venres 12 de marzo de 2021) para reclamacións ou correccións segundo o establecido nas bases que rexen o procedemento.
Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de Persoal no 981670002.

Ver lista provisional de persoas admitidas e excluídas