O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou, nos últimos días, as bases reguladoras das axudas ao estudo do Concello de Carral. Por medio desta medida, o goberno local destinará 10.000 euros dirixidos a alumnos e alumnas de diferentes etapas educativas matriculados durante o curso 2019/2020.

O obxectivo desta liña de axudas é colaborar coas familias do municipio, axudándoas a afrontar os gastos derivados dos estudos de 2º ciclo de educación infantil, do alumnado de educación postobligatoria -ciclos formativos, bacharelato ou similares- e de estudos universitarios oficiais.

No caso de infantil, destinarase unha contía de 3.600 euros. A contía das axudas que se establecen será dun mínimo de 30 euros por persoa e de ata un máximo de 70 euros por beneficiario.

Para a formación postobligatoria e formación profesional básica a partida será de 3.000 euros. Establécese un mínimo de 40 euros por persoa beneficiaria e un máximo de 150 euros.

Por último, a liña dedicada a estudos universitarios ascenderá a 3.400 euros. Cada usuario poderá recibir un mínimo de 50 euros e un máximo de 200 euros.

As persoas interesadas en recibir máis información deberán contactar co departamento de Educación no teléfono 981 61 35 20.

Co obxecto de que as persoas e grupos que desexen participar na festa do Entroido de Carral saiban como proceder, a Concellería de Cultura publica as bases que poden descargar a continuación:

Bases concursos Entroido Carral 2020

 

BOP 29 XANEIRO 2020 BOP NUM 19

CONCELLO DE CARRAL EDUCACIÓN

Aprobáronse as bases reguladoras que rexerán a concesión das axudas para o estudo aos /ás estudantes matriculados durante o cruso académico 2019/2020 empadroados no municipio de Carral.

Requisitos:

1.–Estando empadroados/as no concello de Carral, as persoas que se atopen nalgunha/s das circunstancias seguintes:
2.–Estudantes de 2.º ciclo de educación infantil que cursen os seus estudos durante o curso 2019/2020 en centros
de carácter oficial, públicos ou concertados.
3.–Estudantes que se atopen nalgunha/s das seguintes circunstancias:
3.a).–Estaren matriculados/as en calquera curso dos estudos de educación postobrigatoria (ciclos formativos, bacharelatoou similares) durante o curso 2019/2020 nun centro de carácter oficial, público ou concertado.

3.b).–Estaren matriculados/as na formación profesional básica durante o curso 2019/2020 nun centro de carácter
oficial, público ou concertado.
4.–Estaren matriculados/as durante o curso 2019/2020 en calquera curso das seguintes ensinanzas universitarias
do sistema universitario español realizados en centros españois, públicos ou privados, con validez no territorio nacional:
ensinanzas conducentes a títulos oficiais de Grao ou Mestrado/Máster (non Doutoramento); ensinanzas universitarias conducentes
aos títulos oficiais de Licenciado/a, Enxeñeiro/a, Arquitecto/a, Diplomado/a, Mestre/a, Enxeñeiro/a Técnico/a
e Arquitecto/a Técnico/a.
III.2.–Non poderá ser beneficiario das axudas ás que se refire esta convocatoria o persoal das Administracións Públicas beneficiario doutra axuda de calquera Administración Pública para o mesmo concepto ou os estudantes que perciban calquera outra axuda de calquera Administración Pública para o mesmo concepto por seren o/s seu/s pai, nai ou titor/a persoal das Administracións Públicas.

 

O PRAZO PARA ENTREGAR AS SOLICITUDES NO REXISTRO DO CONCELLO DE CARRAL AÍNDA NON ESTÁ ABERTO. EN CANTO ESTEA, SERÁ PUBLICADO MEDIANTE REDES SOCIAIS E WEB

 

Para máis información no departamento de Educación na  2ª planta Edificio Social Toñito Espiñeira 981613520-678338872

Bases reguladoras axudas ao estudo 2019/2020

Cartel Cociña Entroido 2020.A Concellería de Cultura ofrece un novo obradoiro de tres horas para aprender receitas que aproveitan a moita comida que sobra durante as celebracións do Entroido.

O curso será impartido polo chef Diego Pita no Centro de Formación Antón Fraguas os días 17 e 19 de febreiro.

Para máis información e inscricións, as persoas interesadas deberán dirixirse á Casa da Cultura.

As prazas son limitadas.

A segunda sesión do ciclo de películas documentais galegas que acolle a Casa da Cultura, será presentada polos directores do documental Estruturas. Pel contra pel, Xosé Bocixaestrutura 15x844 e Paco Gallego. A proxección comezará ás 20:30 h. O aforo é limitado.

Este documental analiza como ten sido a intervención do ser humano coas súas construcións na paisaxe galega e cal é o resultado que actualmente vivimos.

Unha vez finalizada a proxección do documental, os autores do filme manterán un coloquio cos espectadores.

O programa Educando en Valores leva 7 anos levándose a cabo no CEIP Vicente Otero Valcárcel e no IES de Carral. Trátase dunha iniciativa na que se traballan as competencias necesarias para desenvolver a intelixencia emocional das nenas e nenos, non só para poder obter un mellor rendemento académico, senón tamén para favorecer que o clima de convivencia nos centros educativos sexa respectuoso, afectivo e humano.

O curso pasado o programa tamén se estendeu ás familias con moito éxito, e este ano vaise repetir a experiencia a través da organización de obradoiros.

Como parte do programa, levarase a cabo un obradoiro sobre Intelixencia Emocional para familias con rapaces e rapazas do CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral. O taller terá lugar o vindeiro luns, 3 de febreiro, entre as 16.30 e as 19.30 horas. Este obradoiro ten aforo limitado.

O contido desta actividade será o seguinte:

  • As necesidades emocionais e sociais dos nenos e nenas. A importancia do vínculo seguro.
  • As intelixencias múltiples: a intelixencia emocional.
  • Claves para a educación desde a afectividade consciente.
  • Estratexias e ferramentas para a educación emocional.
  • A comunicación positiva.
  • Normas e límites desde o afecto.
  • Como axudar ás crianzas a manexar as súas emocións.

As persoas interesadas en recibir más información poden contactar co departamento de Orientación do CEIP Vicente Otero Valcárcel ou cos Servizos Sociais do Concello de Carral no enderezo serviciossociales@carral.es.

A fibra óptica aterrará en Carral a través do Programa de Extensión de Banda Larga de Nova Xeración da Xunta de Galicia e a Administración Xeral do Estado. Esta novidade reportará importantes beneficios en materia de telecomunicacións, na medida en que supoñerá a chegada da internet de alta velocidade a núcleos e lugares de todas as parroquias do municipio: Cañás, Paleo, Quembre, Sergude, Sumio, Tabeaio, Beira e San Vicente de Vigo.

A través desta axuda, a conexión a Internet de alta velocidade aterrará nun total de 66 lugares e núcleos do termo municipal. En concreto, os puntos que beneficiarán desta mellora son os seguintes: Atalaia, Bacelo, Bailía, Barbeito, Cañás, Casanova, A Ribeira de Cañás, Soavila, Vistarreal de Cañás, Mato Grande, Lavandeira, Ameixeiras, Ans de Tellado, Cabrois, Casal, Fócanos, Outra Aldea, Reboredo, Xalo, Camiño do Casal, O Castelo, O Pedreiro, O Quenllo, Tarroeira de Paleo, Cabancas, Cimadevila, Esperante, Horta do Conde, Montecelo, Paradela, Paiolante, Ponte Lago, A Ribeira de Quembre, Salgueiros, Cepedo, Calle, Monte de Sergude, San Xulián, A Cañota, Campo da Aldea, Celas, Xocín, Xontes, Vilasuso, Azoreira, Belvís de Tabeaio, Brexa, Cambela, Corposanto, A Igrexa de Tabeaio, Lameira, Lodeiro, Pedrido, Piñeiro, Vilamouro, Aspra, Salgueiras, Sobrepiñeiro, Vistarreal de Tabeaio, Argonte, Herves, Teixoeiras, As Travesas, A Calle, Balbén e Río Brexo. A previsión é despregar a fibra óptica nestes puntos antes de finais do ano 2021.

Tal e como explican desde o goberno local, esta medida “sumará un novo servizo para os carraleses e carralesas, e suporá a dotación da internet de alta velocidade ás zonas máis rurais que actualmente carecen del”.

I Ciclo de Películas Documentais Galegas

Enxalzar, promover e dar a coñecer a extensa produción audiovisual de Galicia. Eses son os obxectivos que o Concello de Carral busca conseguir coa súa próxima proposta cultural: o Ciclo de Películas Documentais Galegas. Esta iniciativa busca, ademais, profundizar en diversos temas sociais, culturais, históricos e medioambientais de Galicia. Trátase da primeira edición deste programa, pero a intención do goberno local é que esta iniciativa se manteña na programación anual da concellería de Cultura. A nova proposta cultural comezará este venres, 24 de xaneiro. A Casa da Cultura será o escenario onde se proxectarán todos os documentais.

12 leiras estreará este novo ciclo. A produción é o froito do traballo do realizador Xosé Antón Bocixa e do escritor e historiador Xabier Maceiras. Este documental lembra a orixe do polígono de Sabón. En concreto, conta como os terreos que hoxe ocupan o parque foran, no seu momento, unha das principais despensas da cidade da Coruña. Despois da proxección haberá un coloquio con Xabier Maceiras, codirector da obra. Esta primeira proxección terá lugar este venres, 24 de xaneiro ás 20.30 horas.

Estruturas tomará o relevo o venres, 31 de xaneiro ás 20.30 horas. Este traballo, dirixido por Xosé A. Bocixa e Paco Galego, amosa as consecuencias que a explotación forestal, a acción humana, o crecemento poboacional e o abandono do patrimonio teñen sobre a paisaxe. Ao remate, haberá unha charla cos directores desta peza audiovisual.

O 3º e penúltimo día do ciclo terá lugar a proxección de Asolagados -7 de febreiro, 20.30 horas-, un traballo que relata a historia de varios pobos de Lugo que sufriron o anegamento do embalse de Belesar no 1963. O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) colaborou co ciclo, a través do seu programa Butaca Verde, cedendo este documental.

O broche de ouro do ciclo chegará da man de Pedrón do Freixo. O protagonista deste documental é Pedrón, un home da parroquia de Freixo (As Pontes) que conta a súa vida, chea de duras experiencias. A través da súa propia historia persoal, o público poderá descubrir tamén a historia do Freixo, unha parroquia chea de vida hai un século. Unha vez remate o documental, haberá un coloquio posterior co director Ángel Cordero e con Cándido Díaz Mosquera –que foi profesor da Escola de Fotografía de Carral-.

 

I Ciclo de Películas Documentais Galegas

I Ciclo de Películas Documentais Galegas

Campaña de Comercio Dálle Vida a Carral

Concello de Carral acaba de pór fin a unha nova edición da súa Campaña de Comercio. Desde a concellería de Comercio do Concello de Carral agradecen a gran participación na Campaña, tanto por parte dos establecementos participantes como por parte dos consumidores.

 

XXV Campaña de Comercio do Concello de Carral 2019/2020

Campaña de Comercio Dálle Vida a Carral

Cartel da Campaña de Comercio Dálle Vida a Carral

Membros do equipo de goberno e a conselleira de Educación, Universidade e Formación, Carmen Pomar, acudiron hoxe ao CEIP Vicente Otero Valcárcel para supervisar o resultado das obras de rehabilitación que a Xunta de Galicia acometeu no centro nos últimos meses.
Os traballos están practicamente rematados, e tiveron un custo duns 714.000 euros. O proxecto que se acometeu no centro incluíu actuacións en materias de eficiencia enerxética. Así mesmo, levou a cabo o esmaltado das carpinterías interiores e radiadores do centro, o pulido do pavimento de terrazo, a reparación e pintado de parámetros interiores e a colocación de novo falso teito en varias estancias da planta baixa e primeira.
Desde o goberno local celebran que “estas obras estean preto de rematar” e sinalan que supoñerán ” unha mellora do confort non colexio e implicará, ademais, un aforro dun 52% non consumo de enerxía”.

FOTO CARRAL- CEIP Vicente Otero Valcárcel 2