O municipio carralés celebrou este sábado a 11ª edición deste torneo do Nadal. Read more
55 xogadores tomaron parte neste clásico torneo do Nadal. Read more
A nena azul é unha curtametraxe dirixida por Sandra Sánchez que conta a historia dunha rapaza que fuxe do colexio, refúxiase nunha praia na busca do seu pai, e alí coñece a outra nena que se lle parece moito. Está protagonizada por Carla Díaz, Sergio Zearreta e a carralesa Lucía González.
A película proxectarase no marco do ciclo Cine na Casa da Cultura, o venres 21 de decembro, ás 19:30 h. A súa directora presentará a curtametraxe e manterá un coloquio, xunto ás rapazas protagonistas, co público que asista á sesión.
A entrada é de balde e as localidades son limitadas.
A continuación, ás 20:30 h, segundo está previsto no programa de cine, proxectarase La Reina Victoria e Abdul, unha película baseada na historia real que aconteceu entre a raíña británica e un súbdito da India a finais do século XIX, e que foi dirixida por Stephen Frears.
O sábado 22 a sala de audiovisuais da Casa da Cultura acolle o filme Cars 3, que se presentará ás 17:00 h. Para esta sesión é necesario retirar previamente os convites.
Máis de 70 de porteiros acudirán este sábado unha nova edición deste torneo do Nadal. Read more
Son xa 50 os xogadores inscritos neste clásico torneo do Nadal. Read more
Silleda Park é un parque de atraccións situado no recinto ferial de Silleda. Por terceiro ano a OMIX de Carral, organiza unha excursión para o día 3 de xaneiro, para os rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos.
Autos de choque, o saltamontes, inchables, ou incluso videoxogos, ademáis de espectáculos e actuacións, son algunhas das cousas que se poderán atopar os nenos e nenas que acudan con nos.
Sairemos da Casa da Cultura as 15:00 h. e o regreso será ás 21:00 h. aproximadamente.
O prezo é de 6 euros, e se desexas inscribirte debes facelo entre o 13 e o 27 de decembro, chamando ó 981.67.25.80, ou pasando pola Casa da Cultura. As prazas son limitadas!
O próximo xoves, 20 de decembro, Trinketrinke teatro estará na Biblioteca Municipal cun novo contacontos teatral.
Aínda que habitualmente as sesión de animación á lectura se realizan o último xoves de cada mes, nesta ocasión adiantamos a nosa cita debido as vacacións de Nadal.
“O xornal de Lonxedetodo“ é o título da historia que presentará a gran Lilí Gruyère nesta sesión dirixida a nenos entre 3 e 8 anos.
Será na Biblioteca Municipal da Casa da Cultura ás 18:00 horas. As entradas son limitadas e de balde polo que é necesario retiralas previamente en calquera das Bibliotecas a partir do 17 de decembro.
Un ano máis, ao chegar estas datas do Nadal, a concellería de Cultura organiza en colaboración coa Asociación Cultural Aires de Carral, o Festival de Panxoliñas. Participarán a coral polifónica San Pedro de Domaio, o grupo de música tradicional Arnela e a coral polifónica Aires de Carral.
As tres agrupacións interpretarán as cancións típicas desta época, a partir das 19:00 h. do domingo 16 de decembro no local Xente Nova de Tabeaio.
A entrada é libre.