A compañía Sarabela Teatro presentará en Tabeaio a súa obra O secuestro da bibliotecaria, basada no conto co mesmo título e dirixida a público familiar. Con este espectáculo a Concellería de Cultura inicia un novo ciclo Teatro de Outono, no que tomarán parte sete funcións. Sarabela abriráo este sábado, ás 19:30 h. no local Xente Nova.

O programa continuará con Percubebé, unha función para nenos e nenas de 0 a 3 anos, no edificio social Toñito Espiñeira, o sábado 7 de outubro, no que a música será o principal estímulo. Para este caso, e dado que o aforo é especialmente limitado, será necesario retirar os convites na Casa da Cultura nos dous días anteriores.

Teatro de Outuno ofrecerá ademais obras das compañías Ibuprofeno Teatro coa súa exitosa obra O furancho (21 de outubro), a carralesa Charamusca Teatro estreando La oportunidad (29 de outubro), Malasombra Teatro presentando D.E.P. (4 de novembro), Manicómicos coa súa nova obra A orquestra do mar (18 de novembro), e O Aturuxo de Melpómene con Terapia de bar (2 de decembro). A comedia domina o ciclo e hai espectáculos para todas as idades.

En todas as funcións a entrada é de balde, mais una vez iniciada cada función xa non se poderá acceder á sala.

No último custrimestre do ano a Concellería de Cultura incide especialmente na súa programación coas artes escénicas, cos programas de Venres de Monólogo que rematará o 6 de outubro, o festival Galicreques que pasará por Carral o 26 e 27 de outubro, e o ciclo de teatro que comeza esta semana. Contacontos, cine, exposicións e música completarán a oferta cultural ata final de ano.OVIDIO ALDEGUNDE

Como cho contoA Concellería de Cultura do Concello de Carral comeza este venres co cuarto ciclo Venres de Monólogo, que se levará a cabo no edificio social Toñito Espiñeira.

O primeiro espectáculo corre a cargo de Cándido Pazó co seu monólogo “Como cho conto”, unha sesión de contos na que se van enfiando historias, anécdotas e lerias de creación propia, as veces baseadas na tradición oral, ou ben na literatura axeitada á oralidade.

Nos venres seguintes pasarán polo escenario Celso Fernández Sanmartín, Lois Pérez e Ángela Triana.

Todas as sesións comezarán ás 21:00 h. A entrada é de balde ata completar o aforo. Prégase puntualidade.

Cartel venres de monólogo 2017.

 

As Concellerías de Deportes, Cultura e Educación ofertan case medio centenar de actividades para este novo curso. Read more

Por mor da meteoroloxía desfavorable, o concerto de Pirilampo pasará a realizarse no Edificio Social Toñito Espiñeira á prevista (18:00 h).

De igual maneira, os xogos infantís que organiza para hoxe a Comisión de Festas trasládanse ao pavillón deportivo do Espiño.

 

 

FOTO Recambios TuchoA Concellería de Cultura, en colaboración coa Deputación da Coruña e da Comisión de Festas do Socorro, organiza un concerto no Campo da Feira na que actuará Recambios Tucho e os carraleses Crú.

Racambios Tucho é un grupo galego que naceu no seo de Herdeiros da Crus e que versionan clásicos do rock. Pola súa banda Crú é actualmente o grupo de Carral con maior presenza nos escenarios de Galicia.

O concerto terá lugar o vindeiro mércores ás 22:30 h. e servirá de preámbulo ás festas que comezarán o xoves.

Este concerto é a terceira oferta musical do Concello de Carral en menos dunha semana, despois do éxito do ciclo Músicas Íntimas no que participaron De Vacas e Gonçalo Guerreiro.

Crú

Linko-277059377-largeO ciclo Noite de Película ten as súas dúas últimas proxeccións esta semana no Campo da Feira. Hoxe luns 4 de setembro proxectarase Atrapa la bandera, película española de animación que conta a historia dun rapaz disposto de viaxar á lúa para evitar as intencións dun malvado multimillonario.

Mañá martes 5 de setembro preséntase en Carral a película de ciencia ficción Linko, dirixida polo carralés Xosé Zapata, xunto a Diego Calvo e David Valero.

No caso de que a meteroloxía sexa desfavorable para proxectar no exterior, as películas trasladaríanse ao edificio social Toñito Espiñeira.

A Concellería de Cultura do Concello de Carral ofreceu un total de seis proxeccións no programa Noite de Película, sendo a metade delas de produción galega. Para levar a cabo esta programación contouse coa colaboración da Deputación da Coruña.