O Centro Social de Barcia acolle desde onte, no cabodano do nacemento de Luis Seoane, unha placa que homenaxea a este importante pintor, escritor e editor galego. A súa relación coa parroquia de Sumio ven dada pola familia da súa dona, Maruja.

O acto, promovido por Acto XI Agasallo a Luis Seoane en Barcia - 40wRosa Espiñeira e a editorial Figurando Recuerdos, coa participación da Concellería de Cultura do Concello de Carral e dos alumnos de 5º do CEIP Vicente Otero Valcárcel , consistiu no descubrimento da placa, a lectura de textos de Luis Seoane e o plantado de ruda e un dente de allo, en lembranza do libro co mesmo título. O acto titulouse Agasallo a Luis Seoane, sendo esta a súa 11ª edición, levándose a cabo as anteriores na cidade da Coruña.

No acto tamén participaron o alcalde José Luís Fernández Mouriño, a concelleira de Cultura, Margarita Ramilo, e José Martínez Romero, que fora amigo do pintor. Este último contoulle aos rapaces do colexio, detalles da vida de Luis Seoane e Maruja.

Nun acto que se desenvolveu na Casa da Cultura, o alcalde de Carral, José Luís Fernández Mouriño, entregou o 20º Premio de Poesía Concello de Carral ao autor bergondés, Acto Premio Poesía Carral 2017 - 19w Xosé Luís Mosquera Camba, que xa fora premiado neste certame na súa décima edición. Na presente convocatoria gañou co poemario titulado Das árbores tropicais e do amor, que o xurado cualificou como “un poemario de grande orixinalidade que domina a tradición, mesmo a non convencional, e que recorre a unha linguaxe depurada para, a través dela, facer unha viaxe xeográfica e tamén emocional onde teñan cabida outras linguas e presenzas culturais de gran calado.”

Mosquera Camba recibiu o premio económico de 2500 euros e unha peza do escultor Miguel Couto. O seu poemario publicarase no 2018 na colección de poesía de Edicións Espiral Maior.

No mesmo acto presentouse o libro gañador na pasada edición, Devalar sen pel, de Modesto Fraga. O libro, que estará dispoñible nas librarías a partir dos vindeiros días, foi presentado polo editor Miguel Anxo Fernán Vello e polo propio autor, e supón un cambio estilístico na traxectoria literaria do escritor fisterrán. É un libro escrito con voz de muller, no que repasa algunhas das principais loitas sociais e feministas que se están a dar no mundo.

O acto do 20º Premio de Poesía de Carral, que contou coa participación do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, serviu taménActo Premio Poesía Carral 2017 - 43w para presentar o documental sobre as dúas décadas de vida deste certame, e que a partir da semana vindeira estará dispoñible para o seu libre visionado na internet.

A parte musical do acto correu a cargo do cantante portugués afincado en Galicia, Gonçalo Guerreiro, que presentou algunhas cancións do seu recente álbum titulado Ar.

Cartel acto Poesía 2017.A Casa da Cultura de Carral acollerá este venres, ás 20:00 h, o acto do 20º Certame de Poesía Concello de Carral, no que se lle entregará o premio a Xosé Luís Mosquera Camba por gañar esta edición co seu libro Das árbores tropicais e do amor, e no que tamén se presentará a publicación do gañador do ano pasado, Devalar sen pel do poeta fisterrán Modesto Fraga.

O acto estará presidido polo alcalde José Luis Fernández Mouriño, e contará tamén coa participación do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, do escritor e editor Miguel Anxo Fernán Vello, e de Inma Otero Varela, membro do xurado da presente edición.

O acto servirá tamén para a estrea do audiovisual que o Concello de Carral realizou para repasar estas dúas décadas da vida do certame, no que aparecen todos os premiado, así como o editor Miguel Anxo Fernán Vello, varios especialistas e escritores e escritoras que formaron parte dos xurados, o actual alcalde, o exconcelleiro de Cultura, Lois Anxo Ferreiro, que tivo a iniciativa de poñer en marcha este premio, e o técnico de Cultura municipal, Carlos Lorenzo, que foi o coordinador desde o nacemento do premio. O documental estará presente na rede a partir desta fin de semana.

A parte musical do acto correrá  a cargo de Gonçalo Guerreiro, presentando temas do seu disco Ar, con temas creados a partir de poemas do escritor portugués Fernando Pessoa na súa versión orixinal. Ao igual que en todas as edicións deste premio, o Concello de Carral, grazas á colaboración da Xunta de Galicia, agasallan aos asistentes o libro que se presenta. Nesta ocasión Modesto Fraga poderá dedicarllo aos participantes no acto.

No marco desta celebración dos 20 anos do certame Concello de Carral, nos exteriores da Casa da Cultura estará ata o 8 de xuño unha exposición que revisa aos gañadores e gañadoras do premio, con datos biográficos e fragmentos da súa poesía. Tamén a Concellería de Cultura desenvolveu nos centros de ensino de Carral concursos e obradoiros de poesía, co fin de fomentar entre os máis novos, tanto a lectura como a creación poética.

A Concellería de Cultura do Concello de Carral leva a cabo unha serie de actividades que servirán para conmemorar as Letras Galegas, dedicadas este ano ao escritor Carlos Casares MouriCartel Letras Galegas 2017 Carralño.

Polas diversas dependencias da Casa da Cultura hai unha exposición dedicada a Casares, na que se explica a súa traxectoria vital e literaria. No exterior do mesmo centro cultural está instalada outra mostra que repasa os vinte anos do Certame de Poesía Concello de Carral. Esta exposición presenta aos autores e autoras que obtiveron este prestixioso galardón, con breves reseñas bibliográficas e poemas de cada un deles.

Unha terceira exposición é a que presenta as creacións do alumnado da Escola Municipal de Teares e Tapices de Carral. Na sala polivalente do edificio Toñito Espiñeira estará esta mostra ata o 28 deste mes.

A Biblioteca municipal súmase á homenaxe ás nosas letras cunha sesión de contos teatralizados. Será o xoves 18 de maio, ás 18:00 h, coa compañía Elefante Elegante, que presentará “O xigante”. Estaba anunciada outra sesión a cargo da compañía Sarabela Teatro para o día 25 de maio, mais por circunstancias imprevistas por parte da compañía, esta actuación queda adiada ao mes de outubro.

O 25 de maio entregaranse os premios dos concursos escolares de poesía e o venres  26 terá lugar o acto central do Certame de Poesía Concello de Carral, entregando o premio a Xosé Luís Mosquera Camba, presentando o libro Devalar sen pel de Modesto Fraga, presentando o documental sobre os 20 anos do premio, e coa música de Gonçalo Guerreiro.

Serán días para festexar o noso idioma e a nosa literatura cun amplo abano de actividades culturais.

O pasado tres de maio,  o club de lectura de Carral recibiu a visita do escritor Xavier Alcalá.

Durante a xuntanza, os membros do club compartiron co autor as súas impresións sobre o libro lido para a ocasión: “A nosa cinza”, obra fundamental na bibliografía de Alcalá.

Xavier Alcalá no club de lectura 2017 web

 

Xosé Luis Mosquera Camba 100pppO poeta e profesor de arte, Xosé Luís Mosquera Camba, obtén por segunda vez o premio do Certame de Poesía Concello de Carral, co libro titulado Das árbores tropicais e do amor e que presentou co seudónimo Sula Bassana.

Mosquera Camba xa fora premiado na edición décima do concurso co poemario Nadja c´est moi, publicado, ao igual que os restantes libros premiados, en Edicións Espiral Maior.

O xurado do concurso, que se reuniu onte na Casa da Cultura de Carral, estivo formado por Teresa Seara, Inma Otero, da Asociación da Crítica, e Modesto Fraga, gañador da pasada edición, baixo a presidencia da Concelleira de Cultura, Margarita Ramilo Varela, e asistidos en calidade de secretario, polo técnico municipal de Cultura e coordinador do premio, Carlos Lorenzo Pérez. Ao certame presentáronse un total de 46 poemarios.

O xurado salienta a alta calidade dun bo número dos traballos presentados, sendo moitos deles merecentes de se publicar. Da obra seleccionada salienta que é un poemario de grande orixinalidade que domina a tradición, mesmo a non convencional, e que recorre a unha linguaxe depurada para, a través dela, facer unha viaxe xeográfica e tamén emocional onde teñan cabida outras linguas e presenzas culturais de gran calado.

O premio de Carral está dotado con 2500 euros e a publicación da obra na colección de poesía de Edicións Espiral Maior.

O acto de entrega do premio terá lugar o 26 de maio, na Casa da Cultura de Carral, dentro da programación de Letras Galegas 2017. O mesmo acto servirá para a presentación do poemario que gañou na pasada edición, Devalar sen pel de Modesto Fraga. Para a publicación do libro o Concello de Carral contou coa colaboración económica da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Por mor do vixésimo aniversario deste certame literario, o Concello de Carral ten previsto varias actividades para repasar estas dúas décadas de promoción da poesía galega. O 10 de maio preséntase unha exposición nos exteriores da Casa da Cultura no que se repasan os autores e obras premiadas no certame. A mostra permañecerá ata o 4 de xuño. E por outra banda, no acto do 26 de maio estrearase o documental sobre a traxectoria do concurso carralés.

 

O pasado luns 17 de abril saiu publicada no DOGA a CAMPAÑA DE VERÁN da Xunta para este ano, destinada a rapaces e rapazas de entre 9 e 17 anos.

A CAMPAÑA DE VERAN da Xunta, trátase dun programa de actividades de caracter lúdico, cultural, deportivo e formativo durante os meses de xullo e agosto, de diferente días de duración e en diferentes lugares da xeografía galega e doutras comunidades autónomas. O prazo para presentar as solicitudes para participar nesta campaña remata o 2 de maio, e podes consultar as bases, as datas e os prezos dos campamentos en www.xuventude.net, ou pasándote pola OMIX (oficina municipal de información xuvenil), na Casa da Cultura, teléfono 981.67.25.80, ou a través do correo electrónico omix@carral.es.

Imaxe nova páx. web

A Corporación municipal, encabezada polo alcalde José Luis Fernández Mouriño, levarán a cabo no monumento aos Mártires da Liberdade, unha ofrenda floral para homenaxear aos doce oficiais fusilados en Carral o 26 de abril de 1846.

Unha comitiva partirá desde a Casa do Concello ás 12:00 h, en dirección ao monumento. No acto participará tamén alumnado dos institutos de secundaria de Carral e de Teo.

Cartel Mapa conferencia CarralCristóbal Ramírez, presidente durante vinte anos da Asociación de Xornalistas do Camiño de Santiago e experto en divulgación das rutas xacobeas, ofrecerá este xoves unha charla sobre o Camiño Inglés. A conferencia está organizada pola Deputación da Coruña e a Concellería de Cultura do Concello de Carral, e está dirixida a público en xeral. Terá lugar na Casa da Cultura ás 20:00 h.

A actividade forma parte dun ciclo de conferencias divulgativas sobre a historia da ruta e os seus múltiples atractivos etnográficos, culturais, naturais e arquitectónicos, a cargo do xornalista Cristóbal Ramírez.

Ante o crecemento de peregrinos que está a ter o Camiño Inglés, o Concello de Carral recomenda a aquelas persoas que teñen comercios, aloxamentos ou entidades culturais ou veciñais na contorna desta ruta xacobea, que participen na charla para coñecer con maior profundidade os valores e potencialidades desta ruta.

Alumnado do colexio Fogar de Santa Margarita da Coruña realizará mañá unha visita a Carral para coñecer con detalle o castro das Travesas. A visita didáctica comezará na Sala Castro Travesas - 20Colección Visitable, que amosa as principais pezas extraídas das excavacións no castro, e á Biblioteca municipal onde realizarán unha actividade didáctica que consistirá en construír maquetas das antigas casas do poboado castrexo.

Despois visitarán o castro, onde o director das excavacións, Antón Malde, realizará cos rapaces un xogo que lles axudará a comprender a configuración do castro e o xeito de vida dos seus habitantes.

Os escolares completarán a visita a Carral coñecendo o roteiro dos Mártires de Carral e a zona dos  muíños de Costa da Égoa.

Esta é a primeira actividade didáctica que levarán a cabo escolares, despois da campaña de promoción e difusión da Colección Visitable do Castro das Travesas, que contou cunha subvención da Deputación da Coruña para a contratación de persoal técnico asociado ao museo. Están previstas para as vindeiras semanas máis visitas de escolares para coñecer o castro das Travesas.

Despois da recente limpeza vexetal que se fixo no castro, o xacemento arqueolóxico pódese visitar de xeito libre. O Concello de Carral recomenda que para unha maior comprensión das características e relevancia do castro das Travesas, se complete o percorrido achegándose ao museo na Casa da Cultura. As visitas libres son de balde. Os horarios da colección son os mesmos da Casa da Cultura (de luns a venres aberto de mañá e tarde, e os sábados pola mañá).