Castro As Travesas - webO museo do castro das Travesas vai levar a cabo unha serie de visitas guiadas entre os días 26 e 29 de decembro, co obxecto de ofrecer á poboación local e visitantes a posibilidade de coñecer as características e pezas extraídas deste castro carralés.

As visitas comezarán ás 11:30 h. e terán unha duración dunha hora. Correrán a cargo da técnica responsable da sala, que está a prestar os seus servizos durante estes meses grazas a unha subvención da Deputación da Coruña.

Nos comentarios da visita guiada, os participantes poderán coñecer aspectos históricos do mundo castrexo, das singularidades do castro das Travesas e ver algúns interesantes obxectos extraídos nas dúas escavacións que se fixeron neste xacemento arqueolóxico.

As visitas serán de balde e non é necesario reservar praza. O museo está na Casa da Cultura.

Películas para todos os públicos proxectaranse na Casa da Cultura nun novo ciclo de cine, que nesta ocasión presenta oito producións. O programa é o seguinte:Cartel 2017 Cine Nadal.

Martes 26 de decembro:

17:00 h: VAIANA

20: 30 h: LA LA LAND, LA CIUDAD DE LAS ESTRELLAS

Xoves 28 de decembro:

17:00 h: ¡CANTA!

20:30 h: ROGUE ONE. UNA HISTORIA DE STAR WARS

Martes 2 de xaneiro:

17:00 h: MASCOTAS

20:30 h: LA GRAN APUESTA

Xoves 4 de xaneiro:

17:00 h: ICE AGE 5. EL GRAN CATACLISMO

20:30 h: INDEPENDENCE DAY. CONTRAATAQUE

A entrada é de balde e as localidades limitadas. As persoas interesadas deberán retirar previamente as entradas na Casa da Cultura.

poster_cartel_Artistinha_p_Galego-2wAlumnado do Instituto de Secundaria de Carral visitaron a Casa da Cultura onde puideron ver o documental Artistiña sobre a vida dos novos creadores das artes plásticas, e puideron coñecer da man do produtor e director Manolo Gómez cales son os procesos do cine de animación.

Foron dúas actividades que deron a coñecer as interioridades destes dous ámbitos da creación cultural, animando aos xoves a participar deles. Forman parte dunha programación da Concellería de Cultura que pretende ofrecer unha visión diferente dos detalles das múltiples expresións culturais.

A concellería de deportes espera uns 50 inscritos para o torneo do 23 de decembro. Read more

Máis de medio centenar de arqueiros acudirán este sábado unha nova edición deste clásico torneo do Nadal. Read more

A Coral de Mulleres de Vilaboa (Culleredo) e a Polifónica Aires de Carral ofrecerán este domingo un concerto de panxoliñas no Local Xente Nova de Tabeaio, ás 1Cartel Concerto panxoliñas 2017-w.9:00 h.

A coral cullerdense creouse no 2008 e desde entón ten acumulado un extenso historial de concertos por diversas localidades de Galicia e España. Desde o seu nacemento a Coral de Mulleres de Vilaboa está dirixida por Antonio Piñeiro. Pola súa banda Aires de Carral, que xa acumula 36 anos de existencia, ten desenvolto un extenso repertorio, do que parte foi publicado no seu disco Ecos de Carral no 2013. O seu director é Juan José Gordillo.

A entrada ao concerto é libre e pídese puntualidade para evitar molestias durante as actuacións.

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural presentou no pasado Culturgal o Banco de boas prácticas na xestión cultural, no que se recompilan 100 proxectos culturais galegos. Nesta selección están incluídos dous proxectos do Concello de Carral: o Premio de poesía Concello de Carral e Fotos para as mil historias de Carral.

Este banco de boas prácticas é un portal dixital que busca ser un escaparate de proxectos destacados e permitirá a difusión e visibilidade internacional de iniciativas culturais do panorama galego, así como a formación, mellora da empregabilidade e recoñecemento social do sector profesional da nosa cultura. Son 100 proxectos culturaisLogo AGPXC fondo transparente seleccionados en base a criterios de innovación, efectividade nos seus resultados,  exemplaridade inspiradora e transferibilidade.

O Premio de Poesía Concello de Carral ven de cumprir 20 anos de existencia. Está recoñecido como un dos principais certames literarios de Galicia cos que se ten potenciado a creación poética.

Pola súa banda a iniciativa denominada Fotos para as mil historias de Carral é un dos proxectos culturais municipais de maior éxito e impacto. A creación dun arquivo fotográfico, exposicións, libros e unha páxina de Facebook teñen unha alta aceptación e implicación da sociedade carralesa, tanto da que reside no municipio como no exterior.

Desde o Concello de Carral se manifesta a satisfacción por un traballo ben feito desde o departamento municipal de Cultura, que ten recibido a honra de que dous dos seus proxectos sexan recoñecidos como modelo de boa xestión cultural. Ao mesmo tempo felicítase á Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural por levar a cabo o Banco de Boas Prácticas co que se pon en valor a calidade das iniciativas culturais de Galicia.

Foto cartez Terapia de barA compañía de teatro amador O Aturuxo de Melpómene pechará o ciclo de teatro que organiza o Concello de Carral. Farao con Terapia de bar, unha comedia de terror, vicios e manías. O bar “Da Costa” é un bar perdido no medio do monte, onde rara vez para ninguén e cando o fai, non volve nunca máis. A propietaria e os seus dous únicos clientes habituais, movidos polo aburrimento e tamén polo seu desequilibrio psíquico, deciden converterse en salvadores da humanidade e elaboran un plan para eliminar do mundo os vicios que segundo eles son os culpables de todos os males do ser humano: o xogo (aínda que sexa a brisca), os avances tecnolóxicos (aínda que só sexa unha chamada polo móbil) e a ambición desmesurada polo diñeiro (aínda que o único síntoma sexa non deixar a propina axeitada).

A función terá lugar o vindeiro sábado 2 de decembro, ás 20:30 h. no local Xente Nova de Tabeaio. É un espectáculo para todos os públicos e con entrada de balde. Prégase puntualidade, xa que non se permitirá o acceso á sala unha vez iniciada a obra.

Esta función teatral está incluída na Rede Cultural da Deputación da Coruña.