O sábado 28 de outubro a partir das 17:00 horas, o concello de Carral celebrará unha festa do Samaín para nenos e nenas.Samaín 2017 web

Será no pavillón do Espiño: maquillaxe, globoflexia, música, xogos e inchables para unha tarde de diversión.

Os participantes deberán achegarse co seu disfraz máis terrorífico.

 

A concellería de deportes agarda xuntar a máis de 150 patinadores nesta xornada festiva que xa tradicional no outono carralés. Read more

O Club de Lectura de Carral comeza de novo as súas xuntanzas. As sesións do club celébranse quincenalmente, os mércores en horario de 19:00 a 20:30 horas e fórmano un grupo de persoas que gozan coa lectura e comparten as súas opinións arredor dos libros.

Os interesados en participar poden anotarse na Biblioteca Pública Municipal da Casa da Cultura ou chamar ó teléfono 981 672 580.

Ibuprofeno_ O furancho - 072webAs actrices Marián Bañobre e Isabel Risco, da compañía Ibuprofeno Teatro, presentan este sábado O Furancho, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso. A función será no local Xente Nova de Tabeaio, ás 20:30 h.

O Furancho é unha obra teatral cargada de “agroglamour” no que se fusiona a estética máis “trendy” con elementos propios da máis pura tradición, como os zocos e o pololo. Cada un dos detalles é parte dun todo harmónico configurado a partir de estilismos minimalistas e cálidos que sintetizan o pasado co presente, o rural co cosmopolita, o loureiro coas novas tecnoloxías. Dúas mulleres fortes, con carácter e desbordante personalidade, que definen á perfección a esencia enerxética e desvergonzada das pallasas: dúas iconas femininas fonte de inspiración para todas esas loitadoras que son quen de poñer o mundo patas arriba para lograr que os seus soños se fagan realidade.

Este espectáculo está incluído no ciclo Teatro de Outono que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Carral.

A entrada é libre e o aforo limitado. Unha vez comezada a función non se permitirá o acceso á sala.

 

A sala de exposicións do edificio social Toñito Espiñeira acolle ata o 28 deste mes unha mostra sobre o patrimonio construído do Camiño Inglés. Son 34 obras en augatinta de José IMG_4571Yañez Rodríguez, que recompilan os principais elementos arquitectónicos do Camiño  de Santiago que parte desde Ferrol e da Coruña.

Esta exposición, titulada Olladas do Camiño Inglés, está promovida pola Deputación da Coruña coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Carral.

Como cada ano por estas datas, a Biblioteca Municipal pon en marcha as actividades de animación á lectura dirixidas ós máis pequenos da casa.

Trinketrinke Teatro, será a compañía encargada de presentar cada mes un contacontos protagonizado pola familia dos Ratos de Lonxedetodo, vellos coñecidos de todos os nosos usuarios.

Nesta ocasión, será unha sesión moi especial pois visitarannos dous membros da familia Ratoncia que nos presentarán “Ovos, letras e galiñas”.  Estarán na Biblioteca Pública Municipal o xoves 19 de outubro ás 6 da tarde.

A función está dirixida a nenos e nenas de 3 a 8 anos e será necesario recoller a invitación na Biblioteca Municipal ou na Biblioteca Infantil.