A Concellería de Deportes de Carral prepara para o sábado 14 de xaneiro a 16ª edición da viaxe á pista de xeo, este ano no Paseo Marítimo (xunto ao dique de abrigo).   Read more

Cartel 2016 Nadal Infantil.Os filmes Cenicienta e Campanilla y la leyenda de la bestia compoñen o ciclo de cine familiar que a concellería de Cultura ofrece esta semana na Casa da Cultura. O mércores 28 de decembro proxéctase Cenicienta, o clásico conto, dirixido nesta ocasión por Kenneth Branagh e protagonizado por Lily James. O xoves 29 preséntase Campanilla y la leyenda de la bestia, outra produción de Disney que narra as aventuras dun grupo de fadas e a súa relación cun enigmático animal ao que chaman NeverBeast.

Todas as sesións comezarán ás 17:30 h. As entradas son de balde e poden recollerse na Casa da Cultura desde 48 horas antes do inicio de cada película. A reserva das localidades terá vixencia ata 5 minutos despois de iniciada cada proxección.

Os nenos e nenas menores de 8 anos deberán estar acompañadas dalgún adulto. En calquera caso, a concellería de Cultura recomenda que as películas sexan desfrutadas en familia co fin de axudarlle aos máis pequenos á comprensión da temática e dos valores que transmiten os filmes, ademais de gozar da cultura en familia.

O Orchestra Mondragón levantou o trofeo de campión nun vibrante encontro contra O Garaxe, unha das sorpresas do torneo. Read more

Será o martes 27 de decembro en horario de 11:00 a 13:00 horas, na Biblioteca Municipal da Casa da Cultura.
Dirixidos por monitores especializados, os participantes crearán tanto a letra como os instrumentos necesarios para interpretar a panxoliña.
Como remate da actividade, os nenos interpretarán a canción e levarán unha copia da mesma.
As prazas son limitadas. Inscricións na Casa da Cultura

images

PARA OS MÁIS  PEQUENOS

Ola, adeus.- ilustrado por Delphine Chedru

ola adeusUn libro interactivo e sorprendente

para xogar coas palabras e cos

seus antónimos.

 

 

A historia do toro Ferdinando.- Munro Leaf

Un clásico de 1936, referente do pacifismo a nivel mundial e a prol do naturalismo.

 

Cinco minutos de paz.- Jill Murphy

CINCO MINUTOS DE PAZMamá Grande só quere uns minutos de tranquilidade na súa bañeira

quente chea de burbullas. Pero Lester, Laura e o bebé teñen tanta enerxía

como sempre. A paz dura moi pouco para Mamá Grande.

 

 

La mujer más alta del mundo.- Pablo Albo

É a historia dunha nena que pasou de ser a máis baixiña da súa clase a ser a muller máis alta do mundo. Polo camiño aprenderá a importancia de ser un mesmo.

 

Mi hermano pequeño invisible.- Ana Pez

Mi-hermano-pequeno-invisibleGañadora do premio “Ópera prima” na prestigiosa feira do libro infantil de Bolonia en 2015.

Unha aventura sorprendente oculta entre as páxinas desta fantástica obra chea

de poéticos escenarios e personaxes ocultos a simple vista.

 

 

 

LITERATURA XUVENIL

Os contos de terror do Tío Montagne.- Chris Priestley

Prepárate para que se che poñan os pelos de punta

A caixiña dos rencores.- Héctor Cajaraville

A xuíza Felpeto, acabada de cegar á localidade de Valdomar, revoluciona a vila coas súas sentencias.

Mentira.- Caré Santos

Premio EDEBÉ de literatura xuvenil. A protagonista, Xenia, namorouse, pero non dun rapaz do seu arredor.

Naruto .- Masashii Kishimoto

Un clásico do manga

 

LITERATURA ADULTOS

Morena, perigosa e romántica.- Pedro Feijoo Barreiro

MORENA PERIGOSACando a señora Chismes, a veciña do segundo,

chamou á miña porta eu pensei que o que viña buscando

era o meu amor, ou un pouco de sal, pero polo visto

o asunto non ía por aí.

 

 

Todo esto te daré.- Dolores Redondo.

Premio Planeta 2016

Unha morte inesperada, un oscuro segredo familiar na Ribeira Sacra.

 

E os domingos, un croissant…-Úrsula Heinze

Tras padecer unha fonda depresión, a escritora e filóloga Úrsula Heinze (autora dunha extensísima e premiada obra literaria) decide ingresar voluntariamente no sanatorio psiquiátrico La Robleda, preto de Santiago de Compostela.

Los abrazo oscuros.- Julia Montejo

Julia Montejo sorpréndenos cunha novela onde o desexo, a intriga e o suspense se instalan na vida dunha muller felizmente casada.

 

El Libro de los Baltimore.- Joël Dicker

el libro de los baltimoreEntusiasmou a  máis de tres millóns de lectores con

“ La verdad sobre el caso Harry Quebert”,

Joël Dickers regresa con Marcus Goldmnan nesta nova novela.

 

Corazón e demais tripas.- Emma Pedreira

Gañador da VII edición do premio Narrativas Quentes. Un conxunto de microrrelatos eróticos.

 

AUDIOVISUAIS

Juego de tronos (Tempada 1)

JUEGO DE TRONOSPrimeira tempada desta exitosa serie baseada na primeira

novela da saga de George R.R Martín

“ Canción de hielo y fuego”.

 

 

El viaje de Arlo

Cine de animación para toda a familia.

Que pasaría se aínda existiran os dinosaurios?

 

La chica danesa

Baseada na novela homónima de David Ebershoff, conta a historia real da pintora danesa Lili Elbe, a primeira muller transxénero .

 

Dragon Ball.Z.-

dragon ballDo episodio 1 ó 291.

 

 

 

 

 

 

E ademáis…

 

Novas lambetadas dunha larpeira feliz.- Merchi Rodal

NOVAS LAMBETADAS DOS LARPEIROSPara facer máis doces estas datas!

O municipio coruñés acolleu o sábado a 9ª edición do Trofeo de tiro con arco “Concello de Carral”. Read more

Dentro do ciclo de Teatro de Outono que organiza o Concello de Carral, a compañía galega Títeres Babaluva presenta no local Xente Nova de Tabeao, a obra O CrebanCartel Crebanoces Carral.oces. A función terá lugar o vindeiro domingo ás 19:00 h.

Na noite de Nadal o padriño regálalle á pequena Clara un crebanoces con forma de boneco. De tanto partir noces, o boneco acaba rompendo e Clara desgústase moito. Para consolala o padriño contaralle a historia do boneco Crebanoces, xa que o Crebanoces en realidade é un valente personaxe que loitou co seu exército de xoguetes contra a raíña dos ratos.

O Crebanoces é un espectáculo para monicreques inspirado no conto de Hoffmann e dirixido a público familiar. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky.

O ciclo Teatro de Outono rematará o venres 30 de decembro, ás 21:00 h, co espectáculo de Cándido Pazó, Memorias dun neno labrego. É a función prevista para o pasado 3 de decembro e que se suspendeu por mor dunha indisposición do actor.

Esta programación teatral organizada pola Concellería de Cultura, conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.

Os días 2, 3 e 4 de xaneiro, temos organizado desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) diversas actividades para as máis novas e novos.
Os nenos e nenas de 6 a 12 anos poderán realizar diferentes obradoiros, como de cociña ou de adornos de nadal, así coma actividades deportivas. O horario será desde as 10 h. ata as 13 h. e o prezo por participar en estos tres días lúdicos é de 10 €.
As prazas son limitadas así que non tardes en anotarte, e para facelo, pásate pola Casa da Cultura ou chama o teléfono 981.67.25.80.

Cartel (Imaxe)