Coa proxección esta noite do filme El Renacido, remata o ciclo Cine de Inverno da Casa da Cultura. Este filme, baseado en feitos reais, narra o vivido polo explorador Hugh Glass (Leonardo DiCaprio), que resulta ferido por un oso e abandonado polo seu equipo, e tenta sobrevivir e vingarse nun territorio perigoso e cun duro inverno.

A proxección comeza ás 20:30 h, a entrada é de balde e as localidades limitadas. Recoméndase retirar previamente os convites na propia Casa da Cultura.

El_renacido_The_Revenant-847289419-large

“A festa da poesía das catro estacións” é unha homenaxe ao máis grande rato – poeta de tódolos tempos: Frederick, protagonista do precioso conto homónimo de LeCartel contacontos marzo.o Lionni.

Será na Biblioteca Municipal da Casa da Cultura o xoves 30 de marzo ás 18 horas.

A entrada é libre.

A OMIX (oficina municipal de información xuvenil) desenvolve desde hai dous anos proxectos de voluntariado europeo, para que mozos e mozas de Carral, poidan realizar un voluntariado en algún país da Unión Europea.
Nesta ocasión estamos a desenvolver un proxecto conxunto co Concello de Prato (Italia), que denominamos EVS Carral: Enjoy volunteering!” no que un mozo ou moza de Carral, poderá realizar un servizo de voluntariado nesta localidade italiana, por un período de 6 meses, entre abril e outubro.
Para explicar o proxecto e para saber como funciona o programa de voluntariado europeo Erasmus+, o vindeiro martes 28 de marzo, a partir das 19:00 h. levaremos a cabo unha sesión informativa na Casa da Cultura.
Se estás interesado/a en coñecer que é o SVE, así coma o novo proxecto “EVS Carral: Enjoy volunteering!” chama ó 981.67.25.80 ou pásate pola Casa da Cultura.

Nova sesión informativa

A Deputación da Coruña, coa participación da Concellería de Cultura do Concello de Carral, presentan na sala de exposicións do edificio social Toñito Espiñeira, a exposición Cartel Fotoxornalismo Carral.Fotoxornalismo. Este é un evento fotográfico que mostra en 23 fotos o traballo dos profesionais da imaxe que traballan nos xornais, revistas, axencias e gabinetes de comunicación da cidade herculina. Dende hai xa quince anos, este colectivo ven creando esta mostra na que fotógrafos que a diario retratan nos medios a actualidade máis próxima a nós exhiben o seu talento e profesionalidade.

A mostra estará aberta ao público ata o 29 de marzo.

Spotlight-691666579-largeDentro do ciclo Cine de Inverno da Casa da Cultura, esta semana proxéctase Spotlight, un drama baseado en feitos reais que conta como se descubriron os casos de pederastia por parte dalgúns sacerdotes de Massachussets. Foi unha das mellores películas do 2015, obtendo 2 premios Oscar como Mellor Película e Mellor Guión Orixinal. No reparto da película están, entre outros, Michael Keaton, Mark Ruffalo e Rachel McAdams,  dirixidos por Thomas McCarthy.
A proxección será o venres ás 20:30 h. A entrada é de balde e pódense retirar as reservas de localidades desde hoxe.

O pasado mes de decembro foi aprobado o proxecto «EVS Carral: Enjoy Volunteering!» pola Axencia Nacional Española do Programa Erasmus+: Xuventude en Acción (Instituto da Xuventude – Injuve), despois de que o Concello de Carral recibise o ano pasado a acreditación como organización de envío, de acollida e coordinadora de proxectos para a xuventude dentro do Servizo de Voluntariado Europeo.
«EVS Carral: Enjoy Volunteering!», promovido polo Concello de Carral en colaboración con outro municipio europeo, o de Prato (Toscana, Italia), é un proxecto europeo que ten como principal obxectivo ofrecer á xente nova de Carral e doutro país da Unión Europea, neste caso Italia, unha oportunidade de mobilidade que mellore as súas competencias pre-laborais, como a iniciativa, a creatividade, a responsabilidade, o traballo en equipo, ou a comunicación e as competencias lingüísticas, a posta en práctica de valores, como a solidariedade, a cooperación, a empatía ou a creación de redes, e o coñecemento doutros ambientes de traballo, así como a adquisición de competencias técnicas, a través da aprendizaxe non formal e informal.
Cofinanciado nun 100 % polo programa ERASMUS+ 2014-2020, ofrecerá unha experiencia de voluntariado de 6 meses de duración a 3 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos (de febreiro a agosto de 2017 en Carral a dous mozos ou mozas italianos/as e de abril a setembro de 2017 en Prato a un mozo ou moza de Carral).
Isto brindará aos mozos e mozas voluntarios a oportunidade de contribuír ao traballo diario que se realiza desde as administracións locais participantes, e adquirir así competencias pre-laborais e de carácter social, nas áreas que máis se adapten aos seus intereses ou ao seu perfil formativo previo.

servicio-voluntario-europeo

o bebecontos de Choupiña e TrasnónO vindeiro luns 20 de marzo ás 6 da tarde a compañía Forma Teatro, presenta o seu Bebeconto de Choupiña e Trasnón, unha historia dirixida ós máis pequenos da casa.

Cantos, nanas, texturas… un conto interactivo dirixido a nenos de 0 a 3 anos.

Será na Biblioteca Pública Municipal, na Casa da Cultura.

Entrada libre.

Cartel A galiña azul CarralO vindeiro 18 de marzo de 2017, ás 18 horas, no local Xente Nova de Tabeaio, da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística, terá lugar a adaptación teatral dun dos contos infantís de Carlos Casares, A galiña azul, actividade incluída no programa FalaRedes 2017.

Apta para todo o público familiar, preferiblemente entre idades comprendidas entre tres e once anos, A galiña azul contén cinco contos cheos de maxia e fantasía que entreterán a tarde de todos os da casa.

Agardámosvos!

Tríptico Galiña azul FalaRedes

El puente de los espías é a próxima película que se proxectará no ciclo de Cine de Inverno que acolle a Casa da Cultura. A proxección terá lugar este venres 11 de marzo ás 20:30 El_puente_de_los_esp_as-783529998-largeh. A entrada é de balde.

A fita, dirixida por Steven Spielberg, narra o que lle acontece a James Donovan (Tom Hanks), un avogado de Brooklyn (Nova York) que se ve inesperadamente involucrado na Guerra Fría entre o seu país e a URSS, cando a CIA lle encarga unha difícil misión: ir a Berlín para negociar un intercambio de prisioneiros e conseguir a liberación dun piloto norteamericano.

A partir do luns 13 de febreiro, a biblioteca infantil  amplia o seu horario.

O novo horario será de luns a xoves de 16:30 a 19:00 horas, engadindo un día máis ós habituais de apertura.