Xa está dispoñportada abril de lume e ferro rec-webible para a súa descarga libre no apartado de Publicacións da web municipal carral.es a nova edición da obra teatral de Manuel María ABRIL DE LUME E FERRO. É unha publicación que conta con limiares de Pilar García Negro e Xosé Ramón Barreiro Fernández, e editada polo Concello de Carral en colaboración coa Fundación Manuel María e a Deputación da Coruña.

 

A Concellería de Cultura ven de incorporar á súa programación o ciclo Músicas Íntimas Concertos na Piscina, que terá lugar os vindeiros 3 e 4 de setembro. Xoán Curiel será o encargado de abrir o ciclo o sábado presentando as cancións do seu disco Ecuacións. O domingo será a ocasión de gozar das fermosas e poéticas interpretacións de 2naFronteira.

Cartel Músicas Íntimas 2016.Xoán Curiel presenta o seu novo cd Ecuacións acompañado de dous músicos. Este disco, presentado en marzo deste ano en Santiago de Compostela, foi gravado na Radio Galega e trátase dun disco experimental con temas moi líricos, con aires intimistas e bases electrónicas. Ademais, cantará tamén cancións que verán a luz nun próximo traballo discográfico.

2naFronteira presenta o seu cuarto disco Sons de Nós, que está cheo dunha enerxía alegre, vital e sensual. Con influencias do jazz, popular galego e lied europeo, o seu eclecticismo fainos difícil de clasificar e convérteos nunha das propostas máis interesantes, frescas e de calidade da música actual galega. Acompañan ao dúo músicos de primeira fila, con instrumentos moi particulares. Así, Carmen Penim e Maurizio Polsinelli estarán acompañados por Carmen Gallego e Miguel Paz.

Serán dúas excelentes ocasións para emocionarse e gozar de marabillosas alternativas do panorama musical galego actual.

O espazo no que se desenvolverán os concertos será a zona de baño infantil da piscina municipal, na que se instalará un pequeno escenario e un aforo para 50 persoas sentadas, tentando así crear un lugar acolledor no que gozar da música en directo. No caso de que a meteoroloxía sexa desfavorable, os concertos realizaranse na sala de audiovisuais da Casa da Cultura.

Os concertos comezarán ás 22:30 h. e a entrada é de balde.

Xa está aberto o prazo para inscribirse na terceira ruta do programa 20km Camiño con Cultura, que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Carral. O próximo Cartel 20KM CAMIÑO CON CULTURA abril maio 2016.percorrido terá lugar o sábado 17 de setembro por Marcelle e a Reserva da Biosfera Río Miño, na provincia de Lugo. Ao igual que nas anteriores rutas, o prezo é de 15 € que inclúe o transporte e a asistencia técnica de monitores e guías especializados.

Os participantes comezarán o roteiro por pistas, preto da máxica “Reserva de Marcelle”, onde habitan animais salvaxes que viven en semiliberdade. Unha vez cheguen á ribeira do Río Miño, iniciarán unha subida ata o salto e as fervenzas do Piago, un lugar dunha grande beleza que é pouco coñecido e que asombrará aos participantes. Desde alí, subindo, atoparán o monumental Castiñeiro de Martul. Por pistas que atravesan zonas de monte chegarán ao Miño, e cruzando o río na localidade de Ombreiro voltarán por vellos camiños e chousas, hoxe convertidas en auténticos bosques dominados por carballos. Antes do remate pasarán pola ribeira do Miño ao carón das chamadas “ínsuas”, espazos que forman parte do corazón da Reserva da Biosfera das Terras do Miño.

O prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto ata o 13 de setembro. A información sobre o programa de sendeirismo cultural ofrécese na Casa da Cultura.

Folleto sendeirismo cultural 2016

HFJ-0087r In DreamWorks Pictures' charming new film "The Hundred-Foot Journey," Hassan (MANISH DAYAL, center) serves his father (OM PURI) Beef Bourguinon á la Hassan, a classic French dish with an Indian twist, as Madame Mallory (HELEN MIRREN) explains its significance to French chefs. Photo: Francois Duhamel ©DreamWorks II Distribution Co., LLC. All Rights Reserved.

A película Un viaje de diez metros proxectarase mañá xoves 28 de agosto, no centro social de Cañás, a partir das 22:30 h.

O filme protagonizado por Helen Mirren e producida por Steven Spielberg e Oprah Winfrey, é unha entretida comedia, na que unha familia india se traslada ao sur de Francia, onde abre un restaurante fronte a outro cunha estrela Michelin e rexentado pola odiosa Madame Mallory (Helen Mirren).

Esta película forma parte do programa Noites de Película, que comezou o pasado mes de xullo en Tabeaio e rematará no Campo da Feira de Carral o luns 5 de setembro coa película Al encuentro de Mr. Banks, protagonizada por Tom Hanks e Emma Thompson.

 

A OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organiza unha excursión o fin de semana do 17 e 18 de setembro, ó concello de Muiños (Ourense). Esta actividade, Xogando no medio ambiente, que vai pola sua terceira edición, pretende nesta ocasión dar a coñecer a nenos e nenas de 10 a 14 anos diferentes roteiros naturais, ao tempo que se fomenta a convivencia entre os participantes a través de diferentes actividades. Nesta edición realizaremos un roteiro polo Parque Natural do Xurés, visitaremos o campamento romano de Aquis Querquenis, e realizaremos actividades de orientación e kaiak
Esta excursión ten un prezo de 32 €, e inclúe o aloxamento, a manutención, o transporte e as actividades que nela se realicen.
A saída será o sábado 17 de setembro desde a Casa da Cultura ás 8:00 h., e o regreso, ó mesmo lugar, o domingo 18 de setembro ao redor das 18:00 h.
O prazo de inscrición remata o 5 de setembro e as prazas son limitadas.
Para inscribirse ou se precisas máis información podes pasar ou chamar á OMIX (Casa da Cultura) ó 981 67 25 80.

Cartel (Imaxe)

O pasado día 3, un grupo de máis de 30 nenos e nenas puideron gozar de novo do Aquaprk no veciño Concello de Cerceda. Este ano desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil), organizamos unha segunda excursión ó parque acuático, debido á gran demanda que tivemos na primeira. Coma sempre os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 17 anos, pasaron un día do mais divertido, nunhas instalacións, que ano tras ano visitamos a través das excursións que se organizan desde o Departamento de Xuventude do Concello de Carral.

20160803_185427

O corredor do club ciclista Betanzos repetiu a primeira posición do ano pasado, esta vez cun tempo de 20 minutos e 2 segundos. Read more

Para esta 5ª edición son xa máis de 50 os inscritos nesta proba ciclista de verán. Read more

O pasado venres clausuráronse os cursos do mes de xullo nos que participaron 107 nenos. Read more