Como cada ano por estas datas, a Biblioteca Municipal pon en marcha as actividades de animación á lectura dirixidas ós máis pequenos da casa.

Trinketrinke Teatro, será a compañía encargada de presentar cada mes un contacontos protagonizado pola familia dos Ratos de Lonxedetodo, vellos coñecidos de todos os nosos usuarios.

Nesta ocasión, será unha sesión moi especial pois visitarannos dous membros da familia Ratoncia que nos presentarán “Ovos, letras e galiñas”.  Estarán na Biblioteca Pública Municipal o xoves 19 de outubro ás 6 da tarde.

A función está dirixida a nenos e nenas de 3 a 8 anos e será necesario recoller a invitación na Biblioteca Municipal ou na Biblioteca Infantil.

A compañía Sarabela Teatro presentará en Tabeaio a súa obra O secuestro da bibliotecaria, basada no conto co mesmo título e dirixida a público familiar. Con este espectáculo a Concellería de Cultura inicia un novo ciclo Teatro de Outono, no que tomarán parte sete funcións. Sarabela abriráo este sábado, ás 19:30 h. no local Xente Nova.

O programa continuará con Percubebé, unha función para nenos e nenas de 0 a 3 anos, no edificio social Toñito Espiñeira, o sábado 7 de outubro, no que a música será o principal estímulo. Para este caso, e dado que o aforo é especialmente limitado, será necesario retirar os convites na Casa da Cultura nos dous días anteriores.

Teatro de Outuno ofrecerá ademais obras das compañías Ibuprofeno Teatro coa súa exitosa obra O furancho (21 de outubro), a carralesa Charamusca Teatro estreando La oportunidad (29 de outubro), Malasombra Teatro presentando D.E.P. (4 de novembro), Manicómicos coa súa nova obra A orquestra do mar (18 de novembro), e O Aturuxo de Melpómene con Terapia de bar (2 de decembro). A comedia domina o ciclo e hai espectáculos para todas as idades.

En todas as funcións a entrada é de balde, mais una vez iniciada cada función xa non se poderá acceder á sala.

No último custrimestre do ano a Concellería de Cultura incide especialmente na súa programación coas artes escénicas, cos programas de Venres de Monólogo que rematará o 6 de outubro, o festival Galicreques que pasará por Carral o 26 e 27 de outubro, e o ciclo de teatro que comeza esta semana. Contacontos, cine, exposicións e música completarán a oferta cultural ata final de ano.OVIDIO ALDEGUNDE

Como cho contoA Concellería de Cultura do Concello de Carral comeza este venres co cuarto ciclo Venres de Monólogo, que se levará a cabo no edificio social Toñito Espiñeira.

O primeiro espectáculo corre a cargo de Cándido Pazó co seu monólogo “Como cho conto”, unha sesión de contos na que se van enfiando historias, anécdotas e lerias de creación propia, as veces baseadas na tradición oral, ou ben na literatura axeitada á oralidade.

Nos venres seguintes pasarán polo escenario Celso Fernández Sanmartín, Lois Pérez e Ángela Triana.

Todas as sesións comezarán ás 21:00 h. A entrada é de balde ata completar o aforo. Prégase puntualidade.

Cartel venres de monólogo 2017.

 

As Concellerías de Deportes, Cultura e Educación ofertan case medio centenar de actividades para este novo curso. Read more

Por mor da meteoroloxía desfavorable, o concerto de Pirilampo pasará a realizarse no Edificio Social Toñito Espiñeira á prevista (18:00 h).

De igual maneira, os xogos infantís que organiza para hoxe a Comisión de Festas trasládanse ao pavillón deportivo do Espiño.