A Concellería de Cultura do Concello de Carral e a Deputación da Coruña dentro do seu programa Rede Cultural, ofrecen esta semana dúas novas proxeccións no ciclo Noite deEl_extraordinario_viaje_de_T_S_Spivet-358830193-large Película que ten lugar no Campo da Feira.

O xoves 31 de agosto preséntase a comedia francesa “El extraordinario viaje de T.S. Spivet”, do mesmo director da afamada “Amélie”. T.S. Spivet é un neno de 10 anos cun especial talento para os inventos. O museo Smithsonian lle comunica a concesión dun prestixioso premio pola invención da máquina do movemento perpetuo, e sen dicirllo a ninguén emprende unha viaxe cara Washington D.C.

Pola súa banda, o venres 1 de setembro ofrecerase a película de aventuras e acción “Jurassic World”, que narra o que acontece no parque temático Jurassic Park dedicado aos dinosaurios na illa de Nublar, cando un exemplar creado manipulando o seu ADN resulta ser dunha gran intelixencia e causa o terror entre os visitantes á illa.

Jurassic_World-312107728-largeAs dúas proxeccións comezarán ás 22:30 h.

O ciclo Noite de Película rematará a vindeira semana con outras dúas proxeccións o luns e o martes.

 

Cartel Vive o Camiño CarralOs actores galegos Fran Rei e Isabel Risco serán dous peregrinos do Camiño Inglés de Santiago, que chegarán a Carral o mércores 30 de agosto, as 18:30 h. No Campo da Feira presentarán unha comedia para todos os públicos no que coñeceremos as peripecias destes dous peregrinos que se dirixen a Compostela. A obra titúlase “Dous no Camiño”.

Esta función teatral inclúese no prograna Vive o Camiño que promove a Xunta de Galicia e que en Carral conta coa colaboración da Concelleria de Cultura.

No caso de que a meteoroloxía sexa desfavorable, a obra trasládarase ao edificio social Toñito Espiñeira.

A OMIX organiza unha excursión, na que os/as participantes poderán realizar unha ruta de sendeirismo polas fragas do Eume e unha ruta en kaiak, por esa mesma zona.
Esta actividade planificada para o día 5 de setembro, está destinada a nenas e nenos de 10 a 14 anos.
A saída realizarémola desde a Casa da Cultura, ás 10 h. e o regreso ó mesmo lugar sobre ás 19 h. Informámoste de que se inclúe a comida e que debes levar roupa para cambiarte así coma traxe de baño e unha pequena toalla, tamén algo para picar se queres.
As prazas son limitadas e o prazo de inscrición remata o 31 de agosto. Recodámosche que está actividade e totalmente de balde!

Cartel (Imaxe)

Cartel Noites de Película 2017Desde o venres 25 de agosto ata o martes 6 de setembro, a Concellería de Cultura do Concello de Carral, coa participación da Deputación da Coruña, ofrecerá 6 películas ao aire libre no Campo da FeIra.

Noite de Película trae este ano títulos para os diversos grupos de idade, proxectando ademais tres películas galegas. Todas as proxeccións comezarán ás 22:30 h, e no caso de que a climatoloxía non  permita facelas ao aire libre, realizaranse no edificio social Toñito Espiñeira.

O ciclo comeza o venres 25 de agosto con El desconocido, un thriller multipremiado, protagonizado por Luis Tosar e rodada integramente na cidade da Coruña.

O sábado 26 proxectarase o filme galego de animación Holy Night – Noche de Paz, apta para todos os públicos. A comedia francesa El extraordinario viaje de T.S. Spivet presentarase o xoves 31, e ao día seguinte proxectarase a exitosa Jurassic World.

O programa de cine ao aire libre remata na semana das festas de Carral con Atrapa la bandera o luns 4 de setembro, e ao día seguinte presentarase a película Linko, do produtor e director carralés, Xosé Zapata.

Con este programa téntase ofrecer unha selección de diferentes xéneros que agrupa grandes éxitos de Hollywood con películas galegas, españolas e europeas.

O corredor do club Ciclista Betanzos leva camisola de campión desta sexta edición ademais de establecer un novo récord na proba. Read more

Unha vez rematado o prazo de inscrición para os cursos de natación do mes de agosto, pásase a expoñer os listados PROVISIONAIS dos admitidos así como os correspondentes grupos e horarios.

 

Listado PROVISIONAL admitidos cursos de natación

Coma cada ano a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) de Carral, organiza a súa excursión ó aquapark de Cerceda. Nesta ocasión será o día 9 de agosto, mércores.

A excursión, destinada a nenos e nenas de 8 a 17, sairá desde a Casa da Cultura ás 11:15 h., a volta esta programada para as 19:45 h. O prezo e de 8 €, e o prazo de inscrición estará aberto entre o 17 e 31 de xullo. Recorda que as prazas son limitadas.

As recomendacións para pasar o día no parque acuático son: levar protección solar, gorra e chancletas, recorda tamén levar a túa comida.

Para anotarse ou se precisas mais información podes chamar ó 981.67.25.80, ou pasarte pola Casa da Cultura.

Cartel (Imaxe)

Estas clases, xunto co 2º torneo de parellas, completan a oferta municipal de pádel para este verán. Read more

Na primeira edición foron un total de 16 as parellas inscritas. Read more