O torneo disputarase en horario de mañá mentres que a exhibición será de tarde. Read more
Unha vez aprobado inicialmente o “Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Carral” e coa finalidade de proporcionar a maior difusión e información deste no período de exposición ao público é polo que se realizarán as seguintes charlas informativas nas distintas parroquias:
PALEO: 2 de maio de 2016, ás 20 horas, no local social de uso administrativo “Toñito Espiñeira”.
TABEAIO: 4 de maio de 2016, ás 20 horas, no local Xente Nova.
CAÑÁS: 6 de maio de 2016, ás 18 horas, no local social de Cañás.
SAN VICENTE DE VIGO: 6 de maio de 2016, ás 20 horas, no local social de San Vicente.
QUEMBRE: 9 de maio de 2016, ás 18 horas, no local social de Quembre.
SUMIO: 9 de maio de 2016, ás 20 horas, no local social de Sumio.
BEIRA: 11 de maio de 2016, ás 18 horas, no local social de Beira.
SERGUDE: 11 de maio de 2016, ás 20 horas, no local social de Sergude.
Prégase a maior difusión entre todos/as os/as veciños/as. Así mesmo, o documento íntegro publicarase na páxina web do Concello (carral.es).
Para máis información, pode ver o Plan na Casa do Concello con atención de persoal técnico ao día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia.
A Corporación municipal de Carral, co seu alcalde, José Luis Fernández Mouriño á cabeza, rendiu na mañá de hoxe homenaxe aos coñecidos na historia galega como os Mártires da Liberdade. Tamén tomaron parte nos actos o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, e o presidente do Consorcio das Mariñas e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, representantes de asociacións locais e alumnos do Instituto de Secundario de Carral.
Os actos comezaron cunha ofrenda floral ante o monumento aos Mártires de Carral para despois dirixirse ao edificio social Toñito Espiñeira onde despois de que os estudantes recitaran poemas en lembranza dos oficiais fusilados en Carral hai hoxe 170 anos, se proxectou o documental A última páxina escribiuse con sangue.
No seu discurso o alcalde lembrou aos doce oficiais axustizados nesta vila e o respecto e admiración que as xentes de Carral sempre tiveron por aqueles protagonistas da Revolución de 1846.
O alcalde José Luis Fernández Mouriño encabezará a comitiva oficial que renderá homenaxe aos Mártires de Carral o vindeiro martes 26 de abril, cando se cumpren 170 anos daqueles acontecementos.
O acto consistirá nunha ofrenda floral ante o monumento aos Mártires da Liberdade ás 11:30 h, á que se convida a toda poboación de Carral. Logo, a comitiva oficial reunirase co alumnado do instituto de secundaria na proxección do documental “A última páxina escribiuse con sangue”.
A estes actos está de momento confirmada a asistencia do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e do presidente do Consorcio das Mariñas, José Antonio Santiso Miramontes. Tomarán parte ademais membros da Corporación local así como representantes de asociacións do municipio.
O fusilamento de Miguel Solís e os seus oficiais o 26 de abril de 1846 constitúe o feito histórico de maior relevancia en Carral. O monumento que se ergue no centro urbano e que lembra a quen protagonizou o levantamento contra o Xeneral Narváez, foi inaugurado en 1904 e construído co deseño do arquitecto lucense Javier Álvarez Mendoza.
Con este acto oficial rematarán as homenaxes que comezan mañá coa representación teatral Abril de Lume e Ferro no Campo da Feira e protagonzada por veciños e veciñas de Carral.
O día 23 de abril conmemórase en todo o mundo o día do libro.
Dende a biblioteca municipal queremos rendirlle unha homenaxe ó libro, ós lectores, ós escritores, ós editores… e a todas as persoas que están relacionadas dunha maneira ou doutra con este mundo máxico que nos abre portas á imaginaxión, que nos informa, que nos instrúe e que forma parte das nosas vidas dende que somos moi pequenos.
A biblioteca ten programadas ó longo deste mes unha serie de actividades que intentarán achegar un pouco máis o mundo do libro ós nosos veciños.
A partir do día 15 de abril e ata o 10 de maio, comeza cunha nova campaña de Libros Solidarios, na que se fai unha recollida de libros usados para logo intercambialos por productos de primeira necesidade durante a Festa do Pan. Os libros depositaranse na Bibliteca Municipal.
O 21 de abril na Biblioteca municipal da Casa da Cultura, os compoñentes de Viravolta Títeres impartirán un obradoiro de marionetas de papel dirixido a nenos e nenas a partir de 5 anos. As prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse previamente na Casa da Cultura. Será ás 18:30
O día 28 de abril, teremos na biblioteca a un contacontos xa coñecido por todos, Pablísimo, que nos presentará nesta ocasión o seu espectáculo Mans, unha sesión de teatro e narración oral onde as historias se contan con palabras e as personaxes aparecen nas mans.
Serà na biblioteca municipal ás 6 e media da tarde.
Os nenos máis pequeños de Carral tamén nos visitarán esta semana. O día 20 os alumnos de infantil terán a oportunidade de ver a Trinke Trinke Teatro. Será na Biblioteca Municipal.
A OMIX de Carral, organiza unha excursión á Warner (Madrid), os vindeiros días 20, 21 e 22 de maio.
A saida realizaráse desde a Casa da Cultura o venres día 20, ás 22:00 h. e o regreso sería o mesmo lugar o domingo arredor das 19:30 h.
A viaxe inclúe o transporte, aloxamento con media pensión para o sábado, a entrada ó parque temático, así coma a comida do domingo e os monitores.
Os prezos varian segundo a idade do participante. Para os nenos e as nenas de entre 5 e 12 anos (que deberán ir acompañados/as dun adulto) o prezo é de 70 €, para os rapaces e rapazas de entre 13 e 17 anos o prezo é de 80 €, e de 18 en adiante de 122 €.
As prazas son limitadas e o prazo de incrición remata o 2 de maio. Apresúrate!
Para inscricións e máis información na OMIX (primeiro andar da Casa da Cultura, e no teléfono 981.67.25.80)
A productora galega Findaterra, formada por Cristina González e a veciña de Quembre, Noemia Moar, en colaboración co concello de Carral, presenta o documental A última páxina escribiuse con sangue.
A proxección terá lugar o día 15 de abril, no edificio social Toñito Espiñeira en Carral, ás 21.30 h. e contará ademais coa actuación do músico Miro Casabella.
A última páxina escribiuse con sangue é un documental histórico sobre o levantamento de 1846, unha parte da nosa historia esquecida e ata descoñecida, ainda que foi o único golpe de estado iniciado en Galicia.
Tras unha exhaustiva labor de documentación, A última páxina escribiuse con sangue trata de dar a coñecer como sucederon realmente os feitos dunha maneira obxectiva e rigorosa. Uns feitos que puideron cambiar a historia política e monárquica de España, nos que Galicia tería o papel fundamental.
A entrada á estrea é libre ata completar o aforo.
A Concellería de Deportes contou coa participación de 9 clubs/escolas e un total de 205 patinadores. Read more
O próximo 14 e 15 de maio de 2016 se celebrará a XIV Festa do Pan de Carral, con venda de pan, de bocadillo quente con xamón, tomate e aceite de oliva, obradoiros de pan para os máis pequenos, feira medieval, exposición de comercio, verbena e xuntanza de moteiros, ademáis de outros moitos atractivos.
Se queres participar poñendo un posto na Feira medieval estos son os enlaces da documentación necesaria:
BASES PARTICIPACIÓN FEIRA MEDIEVAL2016
Se queres participar poñendo un posto como comercio local ou de outro concello podes apuntarte no Edif Social Toñito Espiñeira 981613520 ou por correo electrónico a través da dirección educacion@carral.es
A Concellería de Deportes conta con 11 clubs/escolas inscritos e ao redor de 220 deportistas. Read more