Trinketrinke Teatro presentará o próximo xoves 26 de novembro un contacontos baseado no conto tradicional Riciños de Ouro e os tres Osos, narrado pola familia dos Ratos da Biblioteca.
Esta actividade está dirixida a nenos de 3 a 8 anos.
Será na Biblioteca Pública Municipal (Casa da Cultura) a partir das 18:00 horas. Entrada libre.

cartelriciñosok

XXII Carreira Popular

A pesar da intensa choiva, moitos corredores non quixeron perderse esta tradicional proba.

A A.X. Mil e Pico, coa colaboración do Concello de Carral, o club de patinaxe Alquimia, a asociación Castelo Deporte e a tenda especializada Marathon Running Shop, organizou este domingo a vixésimo segunda edición desta clásica Carreira. Read more

A compañía O Aturuxo de Melpómene toma a quenda no ciclo Teatro de Outono que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Carral para presentar a súa comedia “Desencaixados”.

A obra, que se mergulla con humor na crise pola que pasa actualmente a nosa sociedade, está dirixida por Pablo Sánchez (Pablísimo) e protagonizada por Juanín Ares Gondell, Iván González, María Veiga, Agustín Bolaños, Óscar Manso e Tere Rúa. Esta última conseguiu pola súa interpretación os premios á mellor actriz na 3ª Edición do Certame Nacional de Teatro Afeccionado de Guardo (Palencia) e na 11ª Mostra de Teatro Afeccionado de Sada.

A función comeza ás 20:00 h. no local Xente Nova de Tabeaio. A entrada é de balde.

[kad_youtube url=”https://www.youtube.com/watch?v=C5BF-GpiEH0″]

A Concellería de Cultura do Concello de Carral programará entre os meses de novembro e decembro un total de 8 funcións de teatro, entre as que se inclúen tres espectáculos para público infantil.

O ciclo contará con compañías tanto afeccionadas, como é o caso do Aturuxo de Melpómene, como de profesionais. No caso dalgunhas das obras, os seus protagonistas son recoñecidos actores galegos con continua presenza en series da TVG. É o caso, por exemplo, dos actores Luis Iglesia e Xavier Deive, que estarán en Tabeaio co seu espectáculo de humor Sede de Mal.

O programa completo deste ciclo teatral é o seguinte: Cartel Teatro de Outono 2015.

 

“Viaxe a Dadá”

Teatro da Semente

teatro para bebés de 0 a 3 anos

Sábado 14 de novembro – 18:00 h

Edificio Social Toñito Espiñeira

 

“Desencaixados”

O Aturuxo de Melpómene

Sábado 21 de novembro – 20:00 h

Local Xente Nova – Tabeaio

 

“Sede de Mal”

Boneca Lareta con Luis Iglesia e Xavier Deive

Sábado 28 de novembro – 20:00 h

Local Xente Nova – Tabeaio

 

“Occidente”

Espello Cóncavo

Sábado 5 de decembro – 20:00 h

Local Xente Nova – Tabeaio

 

“Rodarirodari – Contos do tranvía”

Fantoches Baj

espectáculo infantil (4 a 12 anos)

Sábado 12 de decembro – 18:00 h

Edificio Social Toñito Espiñeira

 

“Rosalías”

Teatro do Antroido

para alumnado do IES de Carral

Xoves 17 de decembro

Local Xente Nova – Tabeaio

 

“A Alfombra Máxica”

Títeres Babaluva

actividade para bebés de 6 a 18 meses

Martes 22 de decembro – 17:00 h

Edificio Social Toñito Espiñeira

 

O acceso aos espectáculos é de balde ata completar o aforo.

A Concellería de Cultura ven prestando especial atención á programación teatral dos últimos anos, dado o aumento no número de espectadores.

A Deputación Provincial colabora co ciclo a través da súa Rede Cultural.

Na programación de outono da Concellería de Cultura se están a ofrecer tres cursos. As principais características destas actividades formativas son:

CURSO DE FOTOGRAFÍA E DESEÑO GRÁFICO

  • Duración do curso: 64 horas
  • Horario: venres de 20:30 a 22:30 h. e sábados de 11:00 a 13:00 h.
  • Inclúese na temporalización da actividade algunha saída fotográfica
  • Lugar: Centro de Formación Antón Fraguas e na Casa da Cultura
  • Equipamento: o curso realizarase cos equipos da aula de informática e co equipo da escola municipal de fotografía. Cada alumno deberá dispoñer de cámara fotográfica e recoméndase que dispoña de equipo informático.
  • Prezo: 150 euros
  • Perfil dos beneficiarios: maiores de 15 anos de idade e con coñecementos básicos de fotografía e de informática.

CURSO DE PÁXINAS WEB E BLOGS

  • Duración do curso: 20 horas
  • Horario: mércores e xoves de 20:30 a 22:30 h.
  • Lugar: Centro de Formación Antón Fraguas
  • Prezo: 50 euros
  • Perfil dos beneficiarios: maiores de 12 anos de idade e con coñecementos básicos de informática.

CURSO DE COCIÑA DE NADAL

  • Duración do curso: 9 horas
  • Horario: venres 4, 11 e 18 de decembro, de 20:00 a 23:00 h.
  • Lugar: Centro de Formación Antón Fraguas
  • O curso realizarase co equipo e material da Aula de Obradoiros do devandito centro.
  • Prezo: 35 euros
  • Perfil dos beneficiarios: maiores de 12 anos de idade e con coñecementos básicos de cociña
  • Menús que se elaborarán: cocktail de gambas, lacón asado ao Pedro Ximenez con puré de patacas e salsa de arándanos, pexegos flambeados, tomates recheos de sucedáneo de gulas, polo recheo de froitas e froitos secos, filloas flambeadas con nata ou marmelada, vieiras ao forno, pescado á sal e roscón de Reis.

O prazo para inscribirse nestas actividades está aberto ata o 20 de novembro, e as persoas interesadas deberanse dirixir á Casa da Cultura.

Publicadas as bases no bop número 214 do 9 de novembro de 2015: Axudas ao estudo a estudantes matriculados en centros de carácter oficial e públicos durante o curso académico 2015-2016 e empadroados no Concello de Carral.

BENEFICIARIOS:

Estudantes de 2º ciclo de educación infantil

Estudantes de educación postobrigatoria (ciclos formativos, bacharelato ou similares

Formación profesional básica

Ensinanzas universitarias

PRAZO: 10 novembro ata o 19 de noveembro (ambos incluídos)

Para máis información poden chamar ao departamento de Educación 981613520 ou no seguinte enlace

Axudas ao estudo Carral curso 20152016

Cartel Samaín 2015 corO vindeiro xoves, 29 de outubro, no Edificio Toñito Espiñeira, celebrarase a festa do Samaín, dirixida a nenos e nenas do concello. Os participantes nesta actividade poderán vir disfrazados para gozar do Samaín, un rito celta relacionado coa festividade do Día de todos os Santos.

A actividade, comezará cun contacontos dirixido a todos os nenos, a cargo de Caxoto que estará acompañado de monitores que maquillarán a todos os que o desexen.

Os nenos máis pequenos (menores de 7 anos) deberán estar acompañados en todo momento dun adulto.

Será unha tarde de “medo”, con contos, música e disfraces. Será no Toñito Espiñeira ás 18:00 horas.

O próximo domingo 25 de outubro organízase a Festa das Castañas para todos. Haberá carpa e o menú é o seguinte: empanada, pulpo, carne ao caldeiro, viño e refrescos, café, postre e castañas.

Apuntarse ata o dia 22 de outubro en Servizos Sociais no teléfono 981613520.

MAGOSTO 2015

O Concello de Carral, desde o seu departamento de Normalización Lingüística, organiza para mañá venres un espectáculo do actor galego Santi Prego. A función está incluída no programa de dinamización lingüística Falaredes que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Contos en Rede, que é como se denomina o espectáculo, comezará ás 21:00 h, no edificio social Toñito Espiñeira de Carral. A entrada é libre ata completar o aforo.

Santi Prego é actor de teatro, cine, televisión, dobraxe, títeres e contacontos desde 1987 e profesor na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Como actor traballou recentemente en películas como A esmorga, de Ignacio Vilar ou en Los Fenómenos, de Alfonso Zarauza. En televisión forma parte do elenco de Portocabo, para a TVG e El Incidente, en Antena 3 (personaxe fixo en ambas). Tamén tivo aparicións en Casa Manola e A Casa da Conexa, para a TVG.

Na súas contadas emprega un romance de cego como conto popular, algúns milagres do Camiño de Santiago e outras historias e fabulacións, algunhas delas contadas con algunha marioneta. É un contador que bebe moito da cultura popular, nas súas narracións apoiase tamén en elementos que lle dan un xogo escénico diferente.

Cartel Santi Prego - Contos en Rede

O próximo 3 de novembro haberá un curso de manipulador de alimentos no Concello de Carral impartido por unha empresa conforme a normativa alimentaria (Regulamento CE nº852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello relativo á hixiene dos produtos alimenticios ). Apuntarse no 981613520 ata o día 29 de outubro.

cartelcursomanipulador de alimentos01112015