Serxio Pazos - cadradoHoxe chega ao ciclo Venres de Monólogo o actor Sergio Pazos, que presentará “Rebento se non o conto” ás 21:00 h. no edifico social Toñito Espiñeira.

Un galego recoñecido, ou recoñecible segundo se mire, atrévese a analizar unha realidade tan próxima e tan afastada como a que conforma España. Destripa os seus tópicos, as súas mentiras piadosas e as súas medias verdades coa ironía como único bisturí. E sempre coa percepción dun tipo que sae da súa terra para traballar. Como tantos outros. No fondo, é o que di Sergio: “hai máis galegos fóra que dentro”. Falou Pazos e falou ben.

No seu percorrido retranqueiro desta realidade reflexionará sobre os monólogos e de por que el non os fai (ou si), sobre xeito de sermos os galegos e sobre a idiosincrasia de Mariano Rajoy (que é galego ao 100%).  Tamén esmiuzará a apocalipse, os recortes e, sobre todo, falará da crise: na Casa Real, dos políticos, do goberno, entre outras cousas.

A entrada á función é libre ata completar o aforo.

 

fachada ies carral   inicio ies 15sept2015   inicio ies carral 2015Este curso iníciase cun novo centro educativo no Concello de Carral: o IES de Carral, que acollerá aos estudantes de 1º ata 4º da ESO. O día 15 e 16 de setembro son as presentacións de cada curso  no centro para comezar o inicio das clases o mércores para 1º e 3º e o xoves para 2º e 4º da ESO.

A páxina web do centro é a seguinte:  http://www.edu.xunta.es/centros/iescarral/

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Esta semana establécense dous días de portas abertas para que calquera persoa que teña inquietude de cómo é o instituto de educación secundaria, poida acceder ao mesmo para visítalo. Serán o xoves 17 e o venres 18 de setembro en horario de 17.00-19.00.

Para máis información podedes chamar ao Servizo municipal de Educación 981613520.

Foron un total de 15 os tenistas inscritos para esta XIV edición do torneo de tenis municipal de verán.

Martín Villamarín

Martín Villamarín

A XIV edición do torneo municipal de tenis de Carral, desenvolveuse ao longo dos meses de agosto e mediados de setembro. Esta competición estaba enmarcada dentro da programación deportiva municipal do verán.

Este ano contamos con 15 inscritos de todas as idades.  Os xogadores distribuíronse en dous grupos para a disputa dunha liguiña na que se enfrontaron todos contra todos e que durou desde o 1 de agosto ata o 1 de setembro. Dela conformáronse as fases finais, disputándose ao longo da primeira quincena de setembro os oitavos, cuartos e semifinais. Read more

O Concello de Carral presenta a nova oferta dos programas de Escolas Deportivas, Culturais e Educativas, que se iniciarán a partir do 1 de outubro e se desenvolverán ata o mes de maio.

Entre as actividades que se ofertan destacan bailes de salón, zumba, teatro, fotografía, mountain bike, informática para nenos e adultos, inglés, hockei, baloncesto, patinaxe, teares e tapices, cociña, ximnasia rítmica, debuxo e pintura e tai chi, entre outras. A oferta faise para diferentes localidades do municipio.

Para que unha escola poida iniciar as súas clases é necesario que teñan un mínimo de 15 persoas, e algunhas delas contan cunha limitación máxima de alumnado. Estas últimas cubriranse por rigurosa orde de inscrición.

Para informarse e inscribirse as persoas interesadas poden dirixirse á Casa da Cultura e ao Centro Deportivo (tel. 981 672 580).

O prazo para inscribirse rematará o 1 de outubro.

Folleto Escolas curso 15-16

Boletín Inscripción 15-16

 

A Concellería de Cultura do Concello de Carral presenta, dentro da súa programación para o último cuatrimestre, a segunda edición do ciclo “Venres de monólogo”. Neste ciclo terase ocasión de gozar das divertidas historias narradas polos galegos Yesica Val, Serxio Pazos e Isabel Risco.Yesica Val - recienteriendo

As sesións, con acceso de balde ata completar o aforo, terán lugar no Edificio Social Toñito Espiñeira de Carral, ás 21:00 h, coa seguinte programación:

– YESICA VAL co monólogo El humor desde otra visión: venres 11 de setembro
– SERXIO PAZOS co monólogo Rebento se non o conto: venres 18 de setembro
– ISABEL RISCO co seu monólogo Naviza Girl: venres 25 de setembro

Yésica Val, ou para algúns coñecida como “A Monologuista Cega”, abre o ciclo con “O humor dende outra visión”, un espectáculo cómico, crítico e atrevido que fusiona o humor negro co humor verde. Son historias da vida, relacións humanas e de parella, homes, sexo, cegueira, costumes, consumo, vicios… En definitiva, a vida cotiá. É unha función recomendada para maiores de 16 anos.

Cartel venres de monólogo Carral 2015

O Concello de Carral, por mor do tráxico accidente acontecido no Rally da Coruña no seu treito polo termo municipal, ven de declarar 3 días de loito oficial.

As festas na honra á Virxe do Socorro, así como as actividades culturais, gastronómicas e deportivas que durante estes días se realizarían, foron suspendidas.

O Concello de Carral convoca aos veciños e veciñas a unha concentración en recordo das víctimas, hoxe domingo 6 de setembro, ás 12:00 h, diante da Casa do Concello.

Voluntarios británicos, belgas, franceses e españois que están a traballar no Castro das Travesas co programa Working Holidays, comezaron as súas tarefas de limpeza.

Baixo a dirección do arqueólogo Antón Malde, o grupo internacional de voluntarios recibiu primeiro unha explicación da importancia histórica deste emprazamento da idade de ferro, e a súa evolución na etapa da romanización durante os mil anos nos que estivo poboado.

O Alcalde de Carral Jose Luis Fernández Mouriño, deu o pasado luns a benvida ós 14 participantes ao campamento internacional de traballo no Castro das Travesas.Working Holidays Carral - 2015 - 59-web

O programa, organizado co apoio de Tesouros de Galicia, ten por obxectivo a limpeza da contorna do castro, un dos máis grandes da provincia da Coruña, dentro dun proxecto trianual que nos próximos anos avanzará nas tarefas de escavación.  O proxecto está dirixido polo arqueólogo Antón Malde, que acredita unha longa experiencia en diferentes escavacións. En concreto, no caso das Travesas foi responsable dos primeiros traballos de escavación, nos que atopou restos que ratifican a importancia especial deste asentamento. Ademais do seu tamaño, estimase que estivo poboado durante uns mil anos (dende o 500 A.C. ata o 500 D.C), e os achádegos demostraron que foi un punto de comunicación estratéxico. Non só a nivel galego, senón como referencia nas comunicacións coas illas británicas. Na Colección Visitable de Carral pódese ver un anel feito hai mil anos no norte de Inglaterra, algunhas moedas romanas usadas nas illas, así como restos de lanzas, vasillas e outros indicios de importancia.

O grupo de voluntarios xa visitou a Colección Visitable do Castro das Travesa, onde puideron contemplar os achádegos da última escavación, así como un vídeo no qué se fai unha reconstrución virtual do castro. Tamén visitaron o obradoiro arqueolóxico co que o Concello de Carral apoia os traballos máis delicados, unha vez que se atopan calquera tipo de peza.

O programa acadou o interese de participantes británicos e franceses, membros da rede dos National Trust á que pertence Tesouros de Galicia. O atractivo da iniciativa ven ratificado polo grande interese dos participantes voluntarios, que aportan non só o seu traballo, senón tamén pagan os seus gastos de desprazamento e unha matrícula. O resto dos custos son cofinanciados polo Concello de Carral, de diste xeito fai unha difusión internacional deste recurso patrimonial.

O Concello de Carral, a través do seu departamento de Cultura, organiza unha excursión ao santuario de Santa Minia en Brión, prevista para o sábado 26 de setembro. Esta viaxe inclúe un paseo pola feira de Riveira, o xantar con baile no restaurante O Trapeiro e a visita pola tarde ao santuario.Cartel Excursión a Santa Minia

A actividade está dirixida fundamentalmente para pensionistas, aínda que tamén se poden apuntar outras persoas adultas. O prezo para os socios do centro municipal da terceira idade é de 20 euros, mentres que para os restantes é de 28 euros.

As inscricións faranse na Casa da Cultura ata o 21 de setembro e os pagamentos na sucursal carralesa de Abanca.

O xogador do club de Xadrez Arteixo, pertencendo á categoría sub-16 conseguiu a primeira posición nunha apertada última rolda. Read more

 

 

cartelEmpanada2015

A partir das cinco da tarde do día 8 de setembro poderemos disfrutar da festa gastronómica de Carral, a festa da empanada. Cinco panaderías carralesas venderán os seus mellores produtos: empanada de atún, de bacallau, de carne,…etc,. As múltiples variedades que existen na terra carralesa feitas de forma artesanal con excelente calidade.

Tamén disfrutaremos de grupos do folclore galego, chegando por segundo ano dende Ordes, os cabezudos de Espadana Gaiteiros. Disfrutaremos das actuacións da AGrupación Folclórica Ximiela de Louro que nos visitan dende as terras de Muros e dos grupos tradicionais O Castro de Miño e o Grupo O Rueiro de Carral.