Aos efectos do establecido no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administraciónes Públicas [na súa parte subsistente trala declaración coma contrario á orde constitucional de competencias efectuada pola Sentenza do Tribunal Constitucional Pleno do 18 de maio de 2018]  , sométese a consulta pública o texto da proposta de modificación da ORDENANZA FISCAL Nº 22 REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E CULTURAIS MUNICIPAIS, para que (segundo o establecido no artigo 82.2 da devandita Lei 39/2015) no prazo de DEZ DÍAS HÁBILES dende a publicación deste anuncio, efectuada o 23 de xaneiro de 2020, no portal web do Concello de Carral,  os suxeitos e as organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma se poidan pronunciar sobre:

a).- Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa. (A adecuación da taxa á existencia actual dunhas pistas de pádel municipais cubertas )

b).-A necesidade e oportunidade da súa aprobación. (Acreditada no expediente).

c).-Os obxectivos da norma. (A axeitada regulación da taxa polo uso da devandita instalación municipal)

d).- As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

Asemade, dáse audiencia á cidadanía afectada e recábanse cantas achegas adicionais poidan facerse por outras persoas ou entidades.

Os devanditos pronunciamentos ou achegas poderán facerse chegar ao Concello de Carral por escrito presentado na sede electrónica do Concello (  https://sede.carral.es  ) ou na oficina da Casa do Concello que presta asistencia para a presentación electrónica de documentos.

 

Carral, 23 de xaneiro de 2020

O ALCALDE

Francisco Javier Gestal Pose

 

O expediente pódese consultar na seguinte ligazón:

Exposición pública web proxecto modificación ordenanza fiscal taxa uso instalacións deportivas e culturais

FOTO CARRAL- PROYECTO MEJORA SEGURIDAD VIAL CARRAL

O Concello de Carral aposta, unha vez máis, por reforzar a seguridade viaria en todo o municipio. Por esta razón, un dos proxectos a medios prazo é mellorar oito pasos de cebra (tres en Tabeaio e cinco no núcleo urbano) ao seu paso pola N-550. O goberno local acometerá esta obra despois de detectar que as condicións de seguridade nestes pasos de cebra son insuficientes pola falta de accesibilidade e visibilidade.

FOTO CARRAL- PROYECTO MEJORA SEGURIDAD VIAL CARRAL

As actuacións acometeranse en oito pasos de peóns do núcleo urbano e da parroquia de Tabeaio

Por esta razón, o obxectivo é mellorar as condicións dos pasos de peóns a nivel de accesibilidade universal, para o que se colocarán baldosas podotáctiles (especialmente deseñadas para persoas con discapacidade vsual) e se mellorarán e ampliarán as pendentes dos vados. Ademais, unha das grandes novidades consistirá na instalación dun sistema de iluminación capaz de detectar a presenza do peón cando este cruza. Este dispositivo alertará aos coches con luces chamativas cando as persoas estean atravesando o paso.

Trátase dun proxecto pioneiro que o alcalde, José Luis Fernández Mouriño, considera que “mellorará considerablemente a seguridade viaria en todo o municipio”.

 

Carral saca a licitación un plan de asfaltado en cinco parroquias e no núcleo urbano por importe de medio millón de euros

O Concello de Carral sacou a licitación actuacións de mellora en viarias das parroquias de Cañás, Tabeaio, San Vicente de Vigo, Beira, Santiago de Sumio e no núcleo urbano por un importe total de 448.224 euros.

Os viarios incluídos neste proxecto presentan unhas condicións deficientes para a circulación de vehículos e peóns. Os traballos de asfaltado levaranse a cabo nas estradas dos lugares de Sobrepiñeiro ( Tabeaio), Fornos (Beira), A Cabra (Santiago de Sumio), A Bailía ( Cañás), Tarroeira de Sumio (Santiago de Sumio), Lavandeira ( Cañás), As Táboas (San Vicente de Vigo), así como nas rúas do Pan e Alcalde Xavier Alvajar, e estarán financiados pola Deputación da Coruña.

Carral saca a licitación un plan de asfaltado en cinco parroquias e no núcleo urbano por importe de medio millón de euros

Este plan de asfaltado acometerase en cinco parroquias

En todos estes puntos das cinco parroquias, as actuacións basearanse, fundamentalmente, na pavimentación, perfilado de cunetas e o pintado da sinalización horizontal nos camiños para facelos así máis seguros para o tránsito de coches.

Melloras no centro do municipio

Na rúa do Pan, os traballos consistirán na humanización do espazo, dándolle unha maior preferencia ao peón e garantindo así mesmo, unhas mellores condicións de seguridade para os viandantes. Doutra banda, na rúa Alcalde Francisco Xavier Alvajar acondicionaranse as beirarrúas para facilitar o paso das persoas con mobilidade reducida.

Camiños de San Vicente e Tabeaio

Doutra banda, a través dunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), melloraranse varios camiños das parroquias de Tabeaio e San Vicente. Así, en San Vicente proxéctase unha actuación sobre a estrada que conduce do lugar de Abrigosa ao lugar de Balbén, onde se estenderá unha capa de mestura bituminosa sobre o firme e limparanse as cunetas. Pola súa banda, en Tabeaio, os traballos consistirán na ampliación da anchura do viario e na formación de cunetas na estrada que une Esperón e Cambela. Tal e como indica o alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, todas estas obras responden as peticións dos veciños, e servirán para “mellorar a seguridade viaria en varias parroquias do municipio”.