CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN PASA POLOS VENRES DE MONÓLOGO
Despois do éxito de Cándido Pazó o pasado venres, o edificio social Toñito Espiñeira acollerá esta semana os contos e historias de Celso Fernández Sanmartín.
Celso presentará un repertorio composto basicamente por contos, historias e memorias ligadas á tradición oral galega e tamén á europea, asentadas na cultura agrícola-gandeira e pedestre e dándolle un toque contemporáneo.
A función comezará ás 21:00 h. A entrada é de balde e o aforo limitado. Prégase puntualidade para non interromper o espectáculo.