CULTURA OFRECE UN OBRADOIRO PARA APROVEITAR A GASTRONOMÍA DO ENTROIDO

Cartel Cociña Entroido 2020.A Concellería de Cultura ofrece un novo obradoiro de tres horas para aprender receitas que aproveitan a moita comida que sobra durante as celebracións do Entroido.

O curso será impartido polo chef Diego Pita no Centro de Formación Antón Fraguas os días 17 e 19 de febreiro.

Para máis información e inscricións, as persoas interesadas deberán dirixirse á Casa da Cultura.

As prazas son limitadas.