II CICLOCROSS CONCELLO DE CARRAL
Máis de 255 ciclistas competiron o sábado en Carral na 10ª proba da Copa Galicia de Ciclocrós.
A esta proba ciclista, avalada e convocada pola Federación Galega de Ciclismo, acudiron deportistas de toda a xeografía galega, aínda que tamén de Asturias, Cantabria, País Vasco e mesmo Portugal. Os corredores agrupáronse en diferentes categorías (desde cadete a máster). A proba desenvolveuse nun duro circuíto de 2,7 km, habilitado en Taramuño – San Vicente (parroquia de Carral) entre as 14.30 h (proba de promoción) e as 18.15 h (entrega de trofeos). As condicións climatolóxicas fixeron do circuíto, sobre todo nas primeiras carreiras, un trazado esvaradío e embarrado, o que engadiu dureza á proba, na que os corredores con mellor técnica sacaron proveito.
Finalmente, tras máis de 3 horas e media de carreiras, os resultados foron:
http://www.fgalegaciclismo.es/carrera/ii-ciclocross-concello-de-carral
A entrega dos premios correu a cargo do presidente do club Pena Ciclista Monte Xalo, Julio Brandariz, do alcalde de Carral, Javier Gestal Belo, e do concelleiro de deportes da localidade, Francisco Belo Hermida.