INICIADAS AS OBRAS DE HUMANIZACIÓN NA RÚA RÍO DE CANLES

Na mañá deste venres arrincaron os traballos de humanización na rúa Río de Canles tras sufrir un atraso no seu inicio.
Por mor destas obras, o tráfico verase cortado nesta zona durante os vindeiros días.
Desde o Concello de Carral pedimos desculpas de antemán polas molestias que isto poida ocasionar á veciñanza.