MÚSICA, MAXIA E TEATRO PARA AS TARDES DAS FESTAS DE CARRAL
A Concellería de Cultura do Concello de Carral desenvolve unha programación propia que complementará as actividades planificadas pola Comisión de Festas do Socorro para
esta semana.O xoves 5, no edificio Toñito Espiñeira, O Mago Pablo presentará o seu espectáculo Unha maxia diferente, dirixido a público familiar e promovendo valores de igualdade de xénero. A función comezará ás 18:00 h. con entrada libre e aforo limitado.
O venres á mesma hora, no Campo da Feira diante da Casa do Concello, Pakolas ofrecerá un espectáculo con cancións dirixidas a público infantil. No mesmo emprazamento e á mesma hora, o sábado chega Culturactiva cunha comedia gastronómica titulada Saaabor!, protagonizada por Fran Rei e Félix Rodríguez.
O domingo remata esta programación cultural cun concerto do grupo galego The Cerne, interpretando clásicos do rock, do soul e do blues. A actuación comezará ás 19:00 h. no Campo da Feira.
Para facer posible esta programación, o Concello de Carral conta coa colaboración da Deputación da Coruña, de Agadic e da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia
O departamento de Cultura convida a todos e todas a gozar das festas e das diversas manifestacións culturais que nelas teñen cabida.