NENOS E NENAS DE CARRAL ACUDIRÁN ESTE SÁBADO Á PISTA DE XEO
O prazo para inscribirse termina o venres ás 20.00 h.
Un ano máis a concellería de deportes de Carral organiza esta viaxe á pista de xeo (nesta ocasión á pista Invernalia no Paseo Marítimo). Mediante esta excursión o Concello de Carral quere fomentar a práctica deportiva na poboación máis nova, vinculándoa como sempre ao terreo do lecer e da saúde. Para iso o departamento municipal dispuxo 50 prazas para todos aqueles maiores de 4 anos que lles guste a patinaxe.
O prezo da viaxe é de 8 €, que inclúen o transporte con monitores (tamén dentro da pista) a entrada á pista de xeo e o aluguer dos patíns.
A excursión comezará o sábado 14 ao redor das 10.20 h, momento no que o grupo partirá cara á instalación deportiva na Coruña. Entre as 11.00 e as 12.00 os participantes poderán gozar da patinaxe sobre xeo, onde dos máis expertos patinadores poderán lucirse facendo verdadeiras acrobacias sobre os patíns.
Para todos aqueles interesados en acudir a esta viaxe ou desexen obter máis información, poden dirixirse ao departamento municipal de Deportes na Casa da Cultura, ou no tlfo. 981672580 ou ao mail deportes@carral.es.