NOITE DE CINE CHEGA A CARRAL O 2 DE SETEMBRO CON DÚAS PELÍCULAS

O programa Noite de Cine que promove a Deputación Provincial da Coruña e que en Carral se leva a cabo coa colaboración da Concellería de Cultura, ofrecerá dúas películas o mércores 2 de setembro.

As proxeccións realizaranse no Campo da Feira, comezando ás 21:30 h coa película Frozen: el reino del hielo, e continuando ás 23:00 h con Lo imposible.Imaxe web NOITE DE CINE 2015 .

A primeira das películas é unha produción dos estudios de Disney que acadou dous premios Oscar e que converteu aos seus personaxes Elsa, Anna e Olaf, en referentes do público infantil. Pola súa banda, Lo imposible, do director español Juan Antonio Bayona e cos actores Naomi Watts e Ewan McGregor, obtivo cinco premios Goya e foi nominada aos Oscar e aos Globos de Ouro. Este drama, baseado nun feito real, narra a historia dunha familia que viviu nas súas propias carnes o tsunami do 2004 en Tailandia.

O acceso ás películas é de balde. No caso de choiva, as proxeccións faranse na sala do edificio social Toñito Espiñeira.