NOITE DE PELÍCULA PRESENTA SEIS TÍTULOS ESTE VERÁN
Desde o venres 25 de agosto ata o martes 6 de setembro, a Concellería de Cultura do Concello de Carral, coa participación da Deputación da Coruña, ofrecerá 6 películas ao aire libre no Campo da FeIra.
Noite de Película trae este ano títulos para os diversos grupos de idade, proxectando ademais tres películas galegas. Todas as proxeccións comezarán ás 22:30 h, e no caso de que a climatoloxía non permita facelas ao aire libre, realizaranse no edificio social Toñito Espiñeira.
O ciclo comeza o venres 25 de agosto con El desconocido, un thriller multipremiado, protagonizado por Luis Tosar e rodada integramente na cidade da Coruña.
O sábado 26 proxectarase o filme galego de animación Holy Night – Noche de Paz, apta para todos os públicos. A comedia francesa El extraordinario viaje de T.S. Spivet presentarase o xoves 31, e ao día seguinte proxectarase a exitosa Jurassic World.
O programa de cine ao aire libre remata na semana das festas de Carral con Atrapa la bandera o luns 4 de setembro, e ao día seguinte presentarase a película Linko, do produtor e director carralés, Xosé Zapata.
Con este programa téntase ofrecer unha selección de diferentes xéneros que agrupa grandes éxitos de Hollywood con películas galegas, españolas e europeas.