O CICLO DE TEATRO DE OUTONO SEGUE CUNHA COMEDIA SOBRE AS HERDANZAS
A compañía Malasombra Teatro é a seguinte en ocupar o escenario do ciclo Teatro de Outono de Carral, para presentar a súa produción D.E.P. Será o vindeiro sábado 4 de novembro, ás 20:30 h, con entrada de balde ata completar o aforo.
D.E.P. é unha trepidante comedia na que se mostra con moito humor, o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que nos amosan o seu lado máis cruel, ante a disputa de bens materiais: “que mamá morra axiña por favor! “. É unha obra que mostra unha situación ben recoñecible polo espectador: a pelexa pola herdanza. Pero aínda hai algo que a fai moito máis singular e é que neste caso, a herdanza é dunha nai que aínda non está morta.
D.E.P., dos autores teatrais Jordi Sánchez e Pep Antón Gómez, está dirixida por Marcos Orsi e protagonizada por Xoque Carbajal e Jouse García.
A función levarase a cabo no local Xente Nova de Tabeaio. Prégase puntualidade xa que unha vez iniciada a representación, non se poderá acceder á sala.