O CINE AO AIRE LIBRE CONTINÚA ESTA SEMANA
A Concellería de Cultura do Concello de Carral e a Deputación da Coruña dentro do seu programa Rede Cultural, ofrecen esta semana dúas novas proxeccións no ciclo Noite de
Película que ten lugar no Campo da Feira.O xoves 31 de agosto preséntase a comedia francesa “El extraordinario viaje de T.S. Spivet”, do mesmo director da afamada “Amélie”. T.S. Spivet é un neno de 10 anos cun especial talento para os inventos. O museo Smithsonian lle comunica a concesión dun prestixioso premio pola invención da máquina do movemento perpetuo, e sen dicirllo a ninguén emprende unha viaxe cara Washington D.C.
Pola súa banda, o venres 1 de setembro ofrecerase a película de aventuras e acción “Jurassic World”, que narra o que acontece no parque temático Jurassic Park dedicado aos dinosaurios na illa de Nublar, cando un exemplar creado manipulando o seu ADN resulta ser dunha gran intelixencia e causa o terror entre os visitantes á illa.
As dúas proxeccións comezarán ás 22:30 h.
O ciclo Noite de Película rematará a vindeira semana con outras dúas proxeccións o luns e o martes.