O CONCELLO DE CARRAL SÚMASE AO CONVENIO ENTRE A XUNTA E A FEGAMP PARA O CONTROL DA VESPA VELUTINA
O ConcelloCarral adheriuse, un ano máis, ao convenio establecido entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para a vixilancia e o control da vespa velutina.
Deste xeito, o Concello canalizará os avisos de particulares a través do 012. A maiores, calquera veciño ou veciño que detecte a presenza de niños poderá chamar directamente ao 012.