O DESEÑADOR LUIS GALÁN CEDE TRES OBRAS AO CONCELLO DE CARRAL

O artista e deseñador gráfico betanceiro, Luis Galán, fixo hoxe entrega de tres obras que formaron parte da exposición As Mariñas de nunca xamais que percorreu os nove concellos do Consorcio das Mariñas. O alcalde José Luis Fernández Mouriño e a concelleira de Cultura, Margarita Ramilo Varela foron os encargados de recepcionar os tres cadros que pasarán a formar parte do patrimonio artístico do que dispón o Concello de Carral.

Os cadros, que en breve estarán pendurados no Salón de Plenos e na alcaldía, representan tres lugares emblemáticos do municipio. Son o monumento aos Mártires da Liberdade, os muíños de Costa da Egua e o edificio modernista da depuradora de auga de Cañás. A técnica empregada por Luis Galán nestas obras é a ilustración vectorial e a impresión coa técnica glicée.

Luis Galán - alcalde - concelleira cultura - Carral 2015 web