O DÍA DO PATÍN DE CARRAL CELEBRA 11 ANOS

A concellería de deportes espera xuntar a máis de 150 patinadores nesta xornada festiva que xa tradicional no outono  carralés.

29904548293_e790122e66_zDentro da programación deportiva municipal, este domingo 2 de decembro o Concello de Carral e o club de patinaxe Alquimia, organizan o “ XI Día do Patín” no Complexo Cultural e Deportivo de  Paleo. Este evento naceu hai xa 11 anos coa finalidade de fomentar unha práctica activa e saudable a través dunha disciplina deportiva que tantos “adictos” reúne en Carral.

Ao evento acudirán clubs, escolas, patinadores e afeccionados de toda a comarca, Culleredo, Arteixo, Laracha, A Coruña, Cambre, etc., e por suposto, Carral.  Con 82 patinadores  pre-inscritos, esta actividade aumenta o seu número de participantes ano tras ano. Para aqueles que non teña os seus propios patíns, desde a organización prestaránselles uns para que todo o mundo poida probar e gozar desta xornada festiva.

Nesta edición tamén presentamos novas actividades como clases de iniciación ao  Skateboard,  Roller- fítness, etc., coa intención de achegar aos asistentes a gran variedade de actividades e rápida evolución que caracterizan este deporte.

A inscrición é totalmente gratuíta tanto para os clubs e escolas como para os patinadores individuais que se acheguen polo lugar.

Para máis información ou inscribirse,  os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981 672580 ou no  mail deportes@carral.es.