O DÚO ITALIANO PIZZICAN OFRECEU UN CONCERTO PARA ALUMNADO DA ESO

ConcertoPizzicanDuo2018_1A Casa da Cultura acolleu na mañá de hoxe un concerto didáctico de Pizzican Duo, de Italia, para alumnado de 2º da ESO de Carral. O concerto forma parte do programa do Encontro Internacional de Música de Pulso e Púa de Galicia no que desde hai tres anos Carral é unha das súas sedes. O festival está organizado por Pórtico das Artes e o Concello de Carral, a través da Concellería de Cultura, é unha das entidades colaboradoras.

O programa da actividade didáctica comprendeu obras de autores italianos e internacioais, entre eles Ennio Morricone e Astor Piazzolla. O dúo formado por Paola Esposito (mandolina) e Marcos Pizzorno (guitarra) comentaron as pezas interpretadas e as características dos instrumentos, respondendo ás preguntas dos asistentes.

O festival de pulso e púa rematará o vindeiro domingo cunha gala no teatro Rosalía de Castro con actuacións dos seis grupos participantes, procedentes de Colombia, Rusia, Italia, España, Arxentina e Portugal.