PORTUGAL, PONTEVEDRA E LOCALIDADES DA RUTA DO QUIXOTE SON OS DESTINOS DE SENDAS VIAXES QUE ORGANIZA O CONCELLO

Desde a Concellería de Cultura organízanse dúas viaxes para o mes de abril. A primeira terá lugar o 9 de abril, visitando a feira de Vila Nova da Cerveira e a cidade de Pontevedra.Campo de Criptana_Ciudad REal É unha excursión dirixida especialmente aos pensionistas aínda que poden inscribirse persoas de todas as idades. Para esta viaxe as persoas interesadas deberán inscribirse antes do 4 de abril.

O prezo desta viaxe é de 20 euros para os socios do centro da 3ª Idade e 28 euros para as restantes persoas.

Por outra banda e cun carácter cultural e dirixida a todas idades, organízase unha viaxe pola Mancha facendo a Ruta do Quixote e visitando localidades como Ciudad Real, Almagro e o Campo de Criptana entre outras. Para esta viaxe as prazas son limitadas e o prazo para inscribirse manterase aberto ata o 20 de abril e o seu prezo é de 185 euros con todos os gastos incluídos.

Para obter máis información ou formalizar a inscrición, as persoas interesadas deberán dirixirse á Casa da Cultura.