RACIÓN DE RISAS EN CARRAL A CARGO DOS VENRES DE MONÓLOGO DE SETEMBRO
Carral vivirá un mes de setembro infestado de risas e de humor grazas aos seus Venres de Monólogo que traerán, ata o 27 de setembro, a varios humoristas ao municipio.
A primeira actuación terá lugar mañá, venres 13 de setembro, e correrá a cargo de Diana Sieira, que levará a súa función A vida segundo Diana Sieira ao Edificio Social Toñito Espiñeira.
Luís Pousada terá a súa quenda o venres 20 de setembro co seu espectáculo Gracioso a tempo parcial.
Por último, Carmen Conde será a encargada de clausurar os Venres de Monólogo o venres, 27 de setembro. Farao con Premios Darwin, unha selección de historias ao redor da morta ocorridas en Galicia e alén das súas fronteiras.
Todas as funcións terán lugar no edificio social Toñito Espiñeira ás 21.00 horas. A entrada é libre ata completar o aforo, e non se permitirá o acceso unha vez comece a función.