RECEPCIÓN OFICIAL DAS INTEGRANTES DO CLUB XIMNASIA RÍTMICA CARRAL

Máis de medio centenar de persoas acudiron a arroupar ás campioas galegas sénior promoción.

O salón de plenos do  Concello de Carral acolleu hoxe, venres 15 de xuño, a recepción oficial das integrantes do Club de  Ximnasia Rítmica de Carral, campioas galegas sénior promoción no Campionato Galego de Promoción que tivo lugar o pasado sábado, 9 de xuño, en Ourense.

Ao acto foi presidido polo alcalde, José Luis Fernández Mouriño, acompañado do concelleiro de Deportes, Rubén Regueira  Moar e a concelleira de Cultura, Margarita  Ramilo Varela. O rexedor e o concelleiro de Deportes foron os encargados de facer entrega de varios detalles conmemorativos ás campioas. Así mesmo, Fernández Mouriño aproveitou a ocasión 20180615_172421para felicitar ao club por “ou  seu  esforzo e  dedicación e por  obter un título así en tan  poucos anos”. E é que, o Club de  Ximnasia Rítmica de Carral fundouse no 2014, e en só catro anos, conseguiron xa varios títulos.

Á recepción asistiron tamén Cristina Sanmartín Sánchez, presidenta do club, e Marta  Meijide  Candal, vicepresidenta do equipo. Durante a súa intervención, a presidenta agradeceu ao  Concello de Carral o seu apoio durante os últimos anos, e felicitou ás mozas polo título obtido, froito do esforzo e do traballo de todo o club.