SESENTA ALUMNOS DO VICENTE OTERO VALCÁRCEL CONVERTÉRONSE EN CONCELLEIROS POR UN DÍA
Máis se sesenta alumnos de 5º de primaria do Vicente Otero Valcárcel convertéronse, o xoves 11 de abril, en auténticos concelleiros e alcaldes por un día. Os pequenos, divididos en grupos, formaron tres partidos políticos -Partido Local de Carral, Partido Igualitario e Partido Liberadores-.
Por cada formación había un candidato á alcaldía que se encargou de presentar ante o resto dos seus compañeiros as súas propostas de goberno. Durante a actividade, os mozos políticos votaron cal era o mellor candidato para asumir a alcaldía de Carral. Finalmente, tras a votación dos asistentes, saíu elixido un pequeno rexedor con grandes propostas para o concello. O alcalde do Concello, José Luis Fernández Mouriño, felicitou ao novo rexedor por conseguir a vitoria.
Unha vez finalizado o pleno, os nenos e nenas, acompañados pola concelleira de Educación, Traballo e Benestar, Florinda Duarte, e por persoal do departamento de Educación, percorreron a Casa Consistorial coñecendo as diferentes áreas.