Tag Archive for: carral

Fase Final Torneo de Pádel

Fase Final Torneo de Pádel

A comisaria da exExpo Llorens - Carral 2018-wposición Francisco Llorens, pintor das Mariñas, Rosario Sarmiento, fará unha visita guiada pola mostra o venres 24 de agosto ás 19:00 h, da que poden gozar todas as persoas que o desexen. Xunto á comisaria estará comentando a exposición unha das fillas do pintor.

A mostra, que está instalada no Campo da Feira ata o 31 de agosto, fai un repaso pola traxectoria artística de Llorens, que é un dos paisaxistas de referencia na historia da arte do século XX en Galicia e en España. As Mariñas foi unha zona na que realizou múltiples obras. En Carral frecuentou o pazo de Vilasuso, desde onde pintou o fermoso Val de Barcia.

Para asistir á visita guiada, non é necesario anotarse previamente.

A exposición e a visita guiada están promovidas polo Consorcio das Mariñas, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Carral para a súa presentación no municipio.

Foron 13 as actividades deportivas que comezaron esta pasada semana, xuntando a máis de 410 alumnos/as. Read more

A concellería de deportes agarda uns 40 inscritos nesta competición que terá lugar o vindeiro 25 de agosto.  Read more

Este ano a celebración da Festa da empanada de Carral vai ser o xoves 6 de setembro a partir das cinco da tarde. Como cada ano, diferentes panaderías carralesas venderán as súas empanadas para tódolos gustos: bonito, bacallau, zamburiñas, carne,..etc entre outras viandas..Poderemos disfrutar dunha tarde agradable comendo no campo da feira e bebendo viño de forma gratuita.

Ademáis estarán grupos folclóricos amenizando a tarde con gaitas, pandeiretas e baile tradicional galego.

Festa gastronómica de grande interese turístico no que se poden achegar tanto persoas veciñas como foráneas a desfrutar das elaboracións dos fornos carraleses.

En breve publicaremos o cartel…

Nesta 7ª edición son xa 63 os inscritos nesta proba ciclista de verán. Read more

Rematado o prazo de inscrición nos cursos de natación do mes de agosto, publícanse as listas provisionais das solicitudes admitidas, así como os diferentes grupos e horarios:

LISTAS INCRITOS AGOSTO

LISTAS INCRITOS AGOSTO

Foron un total de 54 xinetes achegados de toda Galicia os que competiron o sábado no centro ecuestre de San Vicente de Vigo. Read more